NÚMERO 332 - 31/10/2016
CUTUDC / Novidades
Zaragoza acolleu este martes a presentación dos primeiros datos e conclusións que contén o estudo Feminicidios e outros asasinatos de mulleres, informe España 2015, realizado por Feminicido.net , unha plataforma de iniciativa social, única en toda Europa, cuxo obxectivo é radiografar a violencia contra as mulleres desde unha perspectiva global.
O avance deste
proxecto advirte que as cifras oficiais de violencia
machista coas que conta a Delegación do Goberno non
suman "ata un 9 % dos casos". Ademais, inclúense na
súa base de datos outros tipos de asasinatos, como
crimes por prostitución, transfóbicos ou infantís,
os chamados 'asasinatos invisibilizados'.
Estas primeiras cifras que arroxa a base de datos do
proxecto Feminicidio.net –o informe definitivo
darase a coñecer a mediados de novembro– contemplan
681 mulleres asasinadas entre os anos 2010 e 2015 no
Estado español, por 390 casos que recolle a
Delegación do Goberno.
Artigo completo
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript