NÚMERO 332 - 31/10/2016
CUTUDC / Novidades
Temos que seguir loitando fronte a este fraudulento ERE que a nosa miserable empresa pretende executar. NON HAI CAUSAS para o mesmo. Esta panda de mafiosos pretenden executar centos de despedimentos mentres seguen a acosarnos diariamente. Agora, máis ca nunca non podemos deixar de loitar, porque a perda dun posto de traballo segue sendo a perda de todos.
Na vindeira
semana os días 2, 3 e 4 de novembro o Comité de
Empresa convoca paros de dúas horas por día e quenda
con diversas accións das que vos iremos informando.
Esta empresa usureira comunicou de maneira verbal na
Inspección de Traballo que a data máxima para
executar o ERE é o día 4, tense que escoitar unha
vez máis alto e claro que ESTE ERE ÍMOLO PARAR!!!
Seguiremos tod@s xunt@s, apoiándonos e loitando.
Máis ca nunca: DIGNIDADE fronte aos seus abusos
O MÉRCORES 2, XOVES 3 E VENRES 4 PARAMOS!!!!
Quenda de mañán, de 11:30 a 13:30
Quenda de tarde, de 16:30 a 18:30
Por isto seguimos berrando que ESTE
ERE É UN FRAUDE!!!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript