NÚMERO 332 - 31/10/2016
CUTUDC / Novidades
O pasado día 26 realizouse a reunión do Consello de Goberno na que, como feito máis sinalado, tomou a decisión de reducir os cargos académicos de xestión nos centros e o número de departamentos. A votación, por petición de 6 PDI realizouse mediante voto secreto, en furna, dando como resultado 28 votos a favor da redución, 11 en contra, 1 abstención e 2 votos nulos.
A
representación do PAS sinalamos neste punto que os
cadros que reflicten o número e a categoría das
prazas do noso colectivo estaban mal, reclamando a
súa revisión e a retirada da parte que corresponde
na redacción da memoria ao PAS e que fai referencia
á fusión de centros por considerar que non ten
sentido marcar un procedemento que non se vai levar
adiante. Tamén, na parte que fai mención á nova
estrutura departamental, páxina 43 da memoria, onde
pon:
“Segunda fase:
Unha vez consolidada a nova planta de departamentos
da UDC, abordarase...”
Dado que no noso colectivo xa se produciu a
estruturación das UADIs pode darse a posibilidade de
que non faga falta novas revisións quedando:
“Segunda fase:
Unha vez consolidada a nova planta de departamentos
da UDE, se for preciso,...”
Sinalamos, para que constase en acta, que
calquera modificación que afectando ao PAS se
realizase nestes ámbitos (centros e departamentos),
ao afectar directamente á RPT, sería obrigatorio
acordala mediante negociación cos órganos de
representación do colectivo.
Preguntamos, tamén, se dado que a asignación dos
novos departamentos a centros aparece na memoria
como “provisional”, e os novos departamentos poden
cambiar a súa denominación mediante proposta ao
Consello de Goberno, tamén poden cambiar a
asignación á UADI que aparece no documento.
O reitor sinalou que se revisarán os cadros que
aparecen na memoria para a súa modificación, aceptou
a modificación do parágrafo que indicamos e
manifestou que a asignación de UADIs non se poderá
modificar. Non aceptou a retirada da parte do
procedemento que se refire a PAS na fusión de
centros porque considera que o documento e unha
referencia dos pasos a seguir no caso de que se
produza algunha fusión. Si salientou o respecto ao
marco de negociación co PAS recalcando que se
cumprirán escrupulosamente os procedementos.
Na rolda aberta fixemos a seguinte intervención:
Saudamos a presenza do xerente. Aproveitamos esta
reunión do Consello de Goberno para solicitarlle, á
maior brevidade posible, unha reunión coa Xunta de
Persoal para tratar os temas en marcha e os que, con
máis urxencia, deberían botar a andar
Na última reunión do Claustro requirimos o cese
inmediato de Xavier Alcalá, non temos noticia de que
o reitor tomase esta nin ningunha outra medida
despois das declaracións realizadas por esta persoa.
Reiteramos o noso requirimento, se non se produce
ningunha resposta consideraremos ao equipo de
goberno da institución corresponsable xa que, por
inacción, corroboran a súa actuación.
Con respecto á primeira das cuestións o reitor
sinalou que, polo que el sabía, a reunión
produciríase o vindeiro día 3 de novembro, de feito
ao remate da sesión remitiuse á Xunta de Persoal
unha convocatoria de reunión para ese día na que se
dará un repaso á situación.
Xa na segunda das cuestións o reitor salientou que
as declaracións do señor Xavier Alcalá se realizaran
no ámbito privado e nunha campaña electoral na que
el era parte dunha lista, que a Universidade,
respectando a liberdade de expresión, xa rexeitara
as declaracións realizadas e que o propio Xavier
pedira desculpas.
Pola nosa parte establecemos que unha persoa que fai
esas declaracións non pode representar á institución
en ningún ámbito, que, respectando a liberdade de
expresión, en casos coma este, a universidade ten
tamén liberdade para cesar, que non se pode facer
compartimentos estancos nos comportamentos,
valorándoos individualmente e por separado, como nos
casos por exemplo dos curas pederastas ou
maltratadores que en ámbitos “privados” realizan
accións, intolerables, ou como no caso do que
falamos desprezando ás persoas con discapacidade.
Orde do día
Memoria do Plan de Racionalización de estruturas académicas da Universidade da Coruña
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript