Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 332 - 31/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  MEDIOS DE COMUNICACIÓN E MANIPULACIÓNS
 

Condenan a ‘El País’ a rectificar as difamacións publicadas sobre Distrito 14

O Xulgado de Primeira Instancia Número 2 de Madrid condenou ao xornal El País a publicar unha rectificación polas informacións publicadas sobre o colectivo Distrito 14. En concreto, a condena –que contempla un prazo de 20 días para a presentación de recursos– refírese á publicación, o pasado mes de xullo, do artigo Distrito 14: ‘vítimas’ e verdugos de barrio, publicado tanto na versión web como no papel do diario e no que se acusaba aos membros deste colectivo de Moratalaz de “violentos” e ser “detidos por brutais agresións e altercados”.

 

  • Noticias relacionadas

 

“Nós escribímoslles e mandamos unha rectificación, pero non a publicaron”, explica a Diagonal Jorge, un dos membros deste colectivo. “Agora, o xuíz ordenoulles publicar a nosa rectificación tanto no papel como na web”, engade.
 
Desde o colectivo explicaron nun comunicado que o seu “terreo non son os xulgados, pero a cantidade de mentiras, datos falsos e difamacións que se publicaron durante o mes de xullo foi tal que nos vimos na obrigación de tentar frealo”.
 
Ademais, esperan que esta condena “cre un precedente” para que o xornal non volva publicar “mentiras e difamacións a propósito", sen facer fronte a ningún tipo de consecuencia.
 
A noticia de El País acusaba aos membros de Distrito 14 de ser os autores das agresións sufridas nas festas de Moratalaz por un grupo de mozos de orixe marroquí nunha suposta pelexa que nos medios se retratou como ‘a caza do snob’ e a unha moza que milita nun colectivo feminista do barrio, a pesar de que ela mesma e o seu colectivo fixeron público un comunicado no que sinalaban ao verdadeiro agresor: un membro do grupo Vándalos do Leste.
 
Ler máis: Os agresores dunha moza nas festas de Moratalaz non son de Distrito 14
 
O acoso policial aos membros de Distrito 14 comezou, segundo sinalan desde o colectivo de mozos, por mor da súa participación en protestas antidesafiuzamentos, como a que protagonizaron no Pleno da Xunta de Distrito de Moratalaz en marzo de 2015.
 
Varios membros do colectivo foron detidos e acusados de delitos contra as altas institucións do Estado, aínda que esta acusación foi desestimada e o caso pasou pronto a un xuízo de faltas. No marco da protesta do Pleno, a propia Policía Municipal acusou a Subdelegación de Goberno de “instrumentalizar a seguridade pública”, ante as declaracións de Cristina Cifuentes nas que esta xustificaba a detención de 19 persoas.
 
Ler máis: "A nosa detención é unha montaxe pola nosa loita contra os desafiuzamentos"
 
Recollido de Diagonal Periódico
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript