NÚMERO 332 - 31/10/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
O baixísimo nivel da
oposición
Ten
moita sorte o equipo de goberno da nosa universidade, por
certo, de moi baixo nivel, porque a oposición ten aínda
menos. Demostrouse coa feira que montaron con isto da
pequena redución de cargos e a mínima redución de
departamentos. O razoable neste caso, ao meu limitado xeito
de ver, sería, se é verdade o que din, que a
primeira liña da denuncia estivese ocupada polo sindicato que os apoiou, e eles
nun segundo plano apoiando a denuncia. O feito de que non se
fixese deste xeito significa, sempre ao meu entender, ou que as
razóns, non son moi consistentes, ou ben foi a demostración
da súa limitadísima capacidade porque o afán de protagonismo
restoulle lexitimidade.
Concurso
Ola.
Son unha das persoas que se funcionarizaron na segunda fase.
A convocatoria do concurso neste momento impídeme participar
nel porque cumpro os dous anos como funcionario no mes de
xaneiro do ano 2017. Xa que o proceso vai xa fóra dos prazos
marcados, non se podería agardar algo máis e convocar cando
os que estamos nesta situación cumpramos os requisitos?.
Sería cousa dun mes. Grazas.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript