Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 332 - 31/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  MARCHAS DA DIGNIDADE
 

A loita é o único camiño

A traxicomedia de Pedro Sánchez é a segunda edición - esta vez como farsa - da de Zapatero axeonllándose en 2010 ante Obama e a UE. O resultado: o mesmo. Un PSOE que pode – e fíxoo mil veces – disfrazarse con linguaxe esquerdista, para despois, sempre, levar a cabo as políticas sociais máis duras e a represión máis feroz, guerra sucia incluída.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tras máis de dous anos repletos de citas electorais e de ilusións acerca de que votando a unha determinada opción política se resolverían os gravísimos problemas da clase obreira e do pobo traballador, as Marchas da Dignidade viñeron expondo que, fora cal fose o próximo goberno que se formase, os grandes poderes económicos representados pola UE e o FMI ían obrigar – exactamente igual que fixeron en Grecia – a impoñer novas contrarreformas laborais, máis recortes das pensións, e máis degradación e privatizacións dos servizos públicos.
 
Lembramos polo tanto que cando a crise aumenta e os mandatos da UE e o FMI son máis imperativos que nunca, non vale - como se demostrou con Syriza – outra estratexia que prepararnos para ENFRONTAR Á TROIKA E A QUEN PRETENDEN NEGARNOS O DEREITO Á VIDA.
 
Nesta ardua tarefa é preciso identificar – e aproveitar - ben as súas contradicións.
 
A inestabilidade da que políticos e tertulianos se lamentan reflicte a inevitable debilidade do goberno para adoptar os recortes esixidos por Bruxelas (calculados en máis de 20.000 millóns de euros) fronte a un pobo que xa está a vivir situacións límite e que non está disposto a tolerar máis empuxóns cara ao abismo. As xa precarias condicións de vida de millóns de persoas non aguantan nin un recorte máis.
 
A inestabilidade significa que as clases dominantes son máis débiles, están máis divididas e son menos capaces de enganar ao pobo. Por iso, o que a eles lles fai tremer, pode ser - se a sabemos aproveitar – unha gran oportunidade para fortalecer a mobilización social e o poder da clase obreira e do pobo. E poderemos facelo sempre que non nos embarquemos en falsas ilusións e teñamos ben claro que a loita é o único camiño e que nos espera unha gran tarefa de organización e de combate.
 
En tanto se acusan uns a outros de corrupción, rende a percepción de que hai dous tipos de ladróns no capitalismo: os que xa coñecemos e os que non se destapou aínda. O Réxime do 78, empezando pola Monarquía, ráchase e deixa ao espido unha Transición que só cabe deslexitimar desde a súa orixe.
 
Sabemos que a mensaxe de que saímos da crise é pura propaganda. A crise do capitalismo é xeral e non fixo máis que empezar. E as súas únicas “solucións” son incrementar o roubo á clase obreira mediante a explotación e a pillaxe de materias primas mediante a guerra.
 
Hoxe confírmase o que xa sabiamos: recuperarase pouco máis do 5% dos 200.000 millóns de euros de diñeiro público (¡¡o 20% do PIB!!) postos a disposición dos grandes bancos e multinacionais. É o pago desa Débeda Pública a estafadores e especuladores e o cumprimento dos obxectivos de déficit, os que están consagrados como prioridade absoluta polo artigo 135 da Constitución. E, por encima de todo, esa Débeda é a camisa de forza mediante a que a UE impón a todas as administracións públicas , privatizacións e desmantelamento de servizos públicos, novas contrarreformas laborais e maiores recortes ás pensións. Imponse unha evidencia: non hai soberanía nin políticas alternativas se aceptamos pagar a Débeda e seguimos no Euro.
 
Mentres nos están deixando sen traballo, sen casa, sen sanidade, sen pensións, sen educación, sen estudos, sen futuro e sen vida, a resposta á mobilización social contra estas criminais políticas, o goberno aumenta a represión. As distintas leis, como “a mordaza” ou as “antiterroristas” sérvenlles para encarcerarnos e recortar dereitos e liberdades. A medida que os cárceres se enchen e as multas aumentan contra quen loita, móstrase con maior claridade a herdanza da Ditadura que impregna as institucións xurdidas da Transición. Urxe levantar de novo o clamor colectivo pola AMNISTÍA E A LIBERDADE de todos os presos e presas.
 
A cara máis brutal do capitalismo en crise é a guerra. As intervencións da OTAN en distintos puntos do mundo son as responsables do drama dos refuxiados. Xeran guerras imperialistas e usan os nosos impostos para financiar o masacre doutros pobos, mentres os fabricantes de armas obteñen beneficios récord.
 
É hora de romper as súas regras do xogo, de tomar a iniciativa, de recuperar a rúa, as mobilizacións, de organizarse, de estender nos barrios, fábricas, facultades e institutos a organización das Marchas da Dignidade. É preciso crear en cada pobo e en cada barrio Comités que coordinen e fortalezan as loitas diversas de empresas, ou pola vivenda e contra os desafiuzamentos, ou polos servizos públicos, etc. e sobre todo, para – en ese combate – construír o noso propio poder.
 
As Marchas da Dignidade queren preparar así, construíndo a unidade na loita, a importante mobilización que as Marchas preparan en todo o Estado español o próximo 3 de decembro, cando – con toda seguridade – o próximo goberno estará a adoptar novas medidas que nos golpearán aínda máis duramente. Somos conscientes de que o 3 de decembro será un primeiro fito. A ofensiva vai ser longa e dura e é preciso empezar a prepararse canto antes.

CONTRA A REPRESIÓN, AMNISTÍA.
NON Ao PAGO DA DÉBEDA
PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE
 
https://marchasdeladignidadmadrid.wordpress.com
 
Texto completo en: http://www.lahaine.org/lalucha-es-el-unico-camino.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript