NÚMERO 331 - 24/10/2016
CUTUDC / Novidades
Amigos da Terra vén de presentar un informe (podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina) que amosa as perdas para o sector agroalimentario do Estado en caso de aprobarse o Tratado de Comercio e Investimentos entre EEUU e a UE. O informe encargado aos servizos técnicos da organización agraria COAG, na que se integra o SLG, expón tamén a ameaza que representa o TTIP para a seguridade alimentaria europea.
Os casos por
intoxicacións alimentarias pola bacteria E.coli
verotoxigenica son un 5.300% máis frecuentes en
EEUU que na UE, segundo a análise comparativa dos
centros de control de enfermidades da UE e de EEUU
que recolle o informe.
En concreto, o devandito informe apunta a unha ratio
de 82'5 casos por cada 100.000 habitantes en EEUU,
fronte á testemuñal 1'5 por cada 100.000 habitantes
en Europa. A intoxicación por E.coli verotoxigenica
adoita darse a través do consumo de carne picada
contaminada pola toxina que produce a bacteria. A
bacteria alóxase no intestino dos animais e, se non
se manexa de maneira axeitada, a toxina pasa á carne
que despois chega ao consumidor. Os síntomas da
intoxicación poden ser máis ou menos perigosos aínda
que, en caso da rapazada e das persoas maiores,
poden chegar mesmo a causar a morte.
"É un exemplo que ilustra en si mesmo os perigos
dun posible acordo entre a UE e EEUU para o modelo
agroalimentario da UE e a aposta estratéxica dos
nosos labregos e labregas pola calidade, a
seguridade alimentaria, o benestar animal e o
respecto polo medio ambiente”, subliñou
Miguel Blanco, secretario xeral de COAG.
Pola súa banda, Blanca Ruibal, responsábel de
agricultura e alimentación de Amigos da Terra,
destacou que “o TTIP vai apuntalar o modelo
agrario industrial, prexudicial para o medio
ambiente e a saúde das persoas. Nun contexto de
cambio climático e escaseza de recursos naturais é
urxente promover unha agricultura local e familiar,
que protexa a auga, o solo e a biodiversidade,
produza alimentos sans e manteña o medio rural vivo”.
No informe afírmase que, nun escenario de
eliminación de barreiras arancelarias e non
arancelarias, as importacións de Estados Unidos
poderían dispararse un 33.505% en carne de ave, un
3.983 % en carne de porcino, un 966% en carne de
vacún, un 901% no leite en po e un 988% n os
queixos.
No Estado Español, a análise apunta a un impacto
especialmente negativo nos sectores de vacún de
carne, porcino, leite, froitas, hortalizas e
cereais:
Sindicato Labrego Galego
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript