NÚMERO 331 - 24/10/2016
CUTUDC / Novidades
Malia que só dúas de cada dez crianzas se comunican en galego, a Consellaría do Mar difunde entre os colexios públicos galegos o libro en castelán “Los Arroases. Su primera aventura” para difundir a importancia de comeren peixe.
Este curso regresaron as
aulas as aventuras dos Arroases, un grupo nenos e
nenas que viron a luz en 2010 no marco da campaña “O
sabor da aventura está no mar”, unha iniciativa da
Consellaría do Mar para lles transmitir ás crianzas
a importancia de introducir peixes e mariscos na
dieta.
Os arroases, que vinculan a sardiña, o xurelo, o
rodaballo, o mexillón, a troita, o lirio e a pescada
con superpoderes, veñen de cobrar vida no
audiovisual, cuns debuxos animados, e tamén foron
representados en obras teatrais e estampados en
libros. Aínda que existe unha versión dixital e en
papel do libro, a Xunta de Galiza está a distribuír
nos centros de ensino públicos os contos en castelán
baixo o título Los Arroases. Su primera aventura.
Exclusión do galego no ensino
Este libro en castelán, co que a Consellaría do Mar
achega ao alumnado os valores nutritivos dos
produtos do mar, foi distribuído esta sexta feira en
colexios de Vigo. Precisamente, esta semana
coñeciamos, da man da Revista Galega de Educación,
uns dados que reflicten a
precaria situación da lingua galega entre as
crianzas.
A publicación, que pon no foco a exclusión da lingua
galega na etapa infantil, advirte de que só dous de
cada dez crianzas falan en galego cos seus amigos e
amigas e alerta do “momento realmente malo” que está
atravesando o galego debido ao chamado Decreto do
plurilingüismo, que reduce a presenza do idioma
propio no ensino e mesmo o prohibe en materias da
área científica.
Sermos Galiza
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript