Número 331- 24 de outubro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Temos xerente

O pasado martes, día 18, realizouse o pleno extraordinario do Consello Social no que se nomeou, xa dun xeito oficial, a Ramón del Valle López novo xerente. Nese mesmo acto, manifestámoslle o urxente que para o PAS era o seu nomeamento, urxencia que recoñeceu o propio reitor ao rematar a sesión, agradecendo a boa vontade do Consello Social pola convocatoria da sesión extraordinaria.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

UNIVERSIDADE DE VIGO

    O 19 de outubro a Xerencia da Universidade de Vigo presentou aos órganos de representación do PAS a proposta de Oferta de Emprego Público do ano 2016. Ábrese agora o proceso de negociación, unha negociación que se fai moi difícil despois da imposición das RPT de PAS funcionario e laboral impostas polo equipo de goberno e que se aprobaron na reunión do Consello de Goberno do pasado día 10 de outubro.

 ERE EXTEL
    Rematou o período de consultas, no último momento, diante da falta de xustificación, a empresa intentou comprar o ERE cunha oferta de última hora condicionada a chegar a acordo. 33 días de indemnización por ano traballado, cun tope de 12 mensualidades. A resposta unánime da representación d@s traballador@s foi a de non vender os postos de traballo rexeitando, unha vez máis, o ERE fraudulento.
NON AO ERE EN ISOLUX

    Traballadores de Isolux-Corsan protestaron este venres ante o Parlamento de Galicia, coincidindo coa sesión de constitución da Cámara, contra o expediente de regulación de emprego (ERE) que expón o grupo, e que supoñerá, de acordo coas previsións da compañía, 32 despedimentos na comunidade galega, dun persoal de 42 persoas.

VERDEGAIA

    O vertedoiro proxectado para Lousame non se adapta á normativa de xestión de residuos, contén numerosas imprecisións e erros, e supón un risco grave para a saúde da poboación próxima e un grave perigo de contaminación do ambiente incluíndo os acuíferos dos que se abastece a Vila de Noia e a propia Ría de Muros-Noia en xeral.

SOS RACISMO - COMUNICADO

    A Federación SOS Racismo, como parte da campaña, fai seu o seguinte comunicado: Unhas 60 persoas pasaron toda a noite na azotea do Centro de Internamento de Estranxeiros (CIE) de Aluche de Madrid á intemperie para esixir de forma pacífica dignidade fronte ás deficientes condicións de internamento que vulneran os dereitos máis elementais e esixir a súa liberdade ante unha medida tan ilexítima como desproporcionada.

PENSIÓNS

    As medidas adoptadas para buscar o equilibrio das contas da Seguridade Social española fixeron fincapé tradicionalmente nos gastos. Unhas consistiron en endurecer o acceso ás pensións e outras afectaron á súa contía, como o tope de revalorización anual vixente desde 2014.

 #NinUnhaMenos
    Vestidas de negro en memoria daquelas que xa non están, miles de mulleres arxentinas unidas por unha mesma dor marcharon este mércores en todo o país contra os malos tratos e os feminicidios.
 INTERNACIONAL
    ”Queren sementar o terror nas comunidades que loitan pola defensa do territorio”
• OPINIÓN - Isaac Rosa

    De súpeto fórmase un balbordo na Diagonal de Barcelona, e os independentistas corren nerviosos dun lado a outro. De lonxe vese vir un grupo de homes, a pé e dacabalo, desfilando pola avenida con paso marcial. Van armados, e á fronte un cun parche no ollo. Esténdese o pánico. Vén a Lexión para esmagar a secesión catalá? Madrid envía á Garda Civil para suspender a autonomía? Non, tranquilos: é unha cuadrilla de valentes matadores facendo o paseíllo ata a Monumental. Empezou a reconquista de Cataluña.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    O vindeiro día 26, mércores, realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno, o prato principal da sesión será a Proposta de racionalización de estruturas académicas da UDC debatida recentemente no Claustro no que, como vos informamos, produciuse a “espantada” da oposición, ábrese, deste xeito, a incógnita sobre a súa presenza no Consello se Goberno que se despexará, como sinalamos, o vindeiro día 26. Pola nosa parte, aproveitaremos para manifestar as circunstancias polas que atravesa o colectivo e, como facemos sempre, poñémonos á vosa disposición para vehicular o que nos sinaledes.

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    A Escola Galega de Administración Pública ven de convocar 2 cursos que se publicaron no DOG do mércores 19 de outubro. As convocatorias contemplan a posibilidade de inscrición de persoal non vencellado á administración pública e establecen o pago pola matrícula, estas dúas circunstancias contrarias aos fins propios da EGAP fan que reclamemos a súa retirada inmediata.
 PODER XUDICIAL
    A situación foi prorrogada en tres ocasións, pero a cuarta solicitude denegóuselle por este mesmo órgano que considerou que os coidados que necesita o neno durante o horario de traballo da nai poden ser asumidos polo pai que non traballa.
 FUNCIONARIO HOXE
    Unha sentenza do Tribunal Constitucional avalou, recentemente, o uso de cámaras no posto de traballo, sen consentimento expreso do empregado pero no ámbito da empresa privada. Así, o alto tribunal considerou que a gravación a un traballador sen o seu permiso non vulnerou o artigo 18, parágrafos 1 e 4, da Constitución, que protexen os dereitos á intimidade persoal e á propia imaxe.
 SINDICATO LABREGO GALEGO. INFORME TTIP
    Amigos da Terra vén de presentar un informe que amosa as perdas para o sector agroalimentario do Estado en caso de aprobarse o Tratado de Comercio e Investimentos entre EEUU e a UE. O informe encargado aos servizos técnicos da organización agraria COAG, na que se integra o SLG, expón tamén a ameaza que representa o TTIP para a seguridade alimentaria europea.
 #MarcaEspaña e DDHH
    Se xa é complicada per se a vida no cárcere, imaxina se o recluso non puidese acceder á sanidade. Ese é un dos principais problemas que acontecen nos cárceres españois, onde os presos atopan un camiño cheo de obstáculos cada vez que queren facer uso do dereito á sanidade.
 ACORDO COMERCIAL CETA
    A Unión Europea e Canadá atópanse a tan só un paso de aprobar un tratado de libre comercio que pode supoñer un cambio moi importante nas economías, e as vidas, de millóns de cidadáns a ambos os dous lados do Atlántico.
 LINGUA
    Malia que só dúas de cada dez crianzas se comunican en galego, a Consellaría do Mar difunde entre os colexios públicos galegos o libro en castelán “Los Arroases. Su primera aventura” para difundir a importancia de comeren peixe.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     
      NOVO "BOOM" DA CONSTRUCIÓN

       
        EXTEL. NON AO ERE!

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript