NÚMERO 331 - 24/10/2016
CUTUDC / Novidades
Máis colaboracións.
A oposición non debateu
A raíz
do comunicado emitido pola oposición despois de negarse a
asistir e debater no Claustro a súa, por outra parte
lexítima, posición sobre o acordo da CEPREA, estiven
dándolle voltas ao asunto e, como non hai cousa mellor que
recorrer á normativa, busquei nela que órgano é o que ten a
potestade de aprobar e suprimir departamentos e, resulta que
non é o Claustro como reclamaban estes señores, é o Consello
de Goberno.
“Correspóndelle ao Consello de Goberno:
Crear, modificar ou suprimir departamentos e decidir sobre a
súa adscrición aos centros.”
Por outro lado, a Lei Orgánica de Universidades de 2001,
modificada no 2007 establece:
“2. A creación, modificación e supresión de departamentos
corresponde á universidade, conforme aos seus estatutos.”
Os Estatutos da UDC, aprobados con Meilán, do que, estes
señores, son fieis discípulos, algúns deles participaron nas
súas equipas de goberno, establecía:
“A creación, modificación e supresión dos departamentos
correspóndelle ao consello de goberno, de acordo coas normas
básicas aprobadas polo Goberno.”
Sr Pazos, sres. da oposición, a que vén reclamar que a
supresión de departamentos se vote no Claustro?
Son vostedes desa caste de persoas que reclaman que se
cumpran as normativas, iso si, mentres conveña, cando non
convén danlles a volta e a vivir?. Non se pasen de rosca, e
menos por intereses persoais. Cumpran a súa propia
normativa.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript