Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 331 - 24/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
 

A EGAP cobra polos cursos e actúa como unha academia privada

A Escola Galega de Administración Pública ven de convocar 2 cursos que se publicaron no DOG do mércores 19 de outubro. As convocatorias contemplan a posibilidade de inscrición de persoal non vencellado á administración pública e establecen o pago pola matrícula, estas dúas circunstancias contrarias aos fins propios da EGAP fan que reclamemos a súa retirada inmediata.

 

  • Noticias relacionadas

 

Os cursos convocados son:
 
1º .- Curso superior sobre as leis 39/2015 e 40/2015 do procedemento administrativo común (LPAC) e do réxime xurídico do sector público (LRXSP), que ten como:
 
4. Destinatarios.
O curso está dirixido a aqueles profesionais que se encadren nalgunha das situacións seguintes:
4.1. Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
4.2. Pertencer aos grupos I e II do persoal laboral.
4.3. No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas polos destinatarios referidos nas bases 4.1 e 4.2, as vacantes que resulten poderá cubrilas o persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, así como cargos electos, profesionais que estean en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.
 
5.1. Importe.
O importe da matrícula é de cen euros (100 €) para os destinatarios incluídos na base 4.3.
 
2º .- Curso superior sobre transparencia, bo goberno e datos públicos, que ten como:

4. Destinatarios.
O curso está dirixido a aqueles profesionais que se encadren nalgunha das situacións seguintes:
 
4.1. Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.
4.2. Pertencer aos grupos I e II do persoal laboral.
4.3. Persoal contratado polas administracións públicas cun contrato de servizos ou equivalente, cargos electos, así como profesionais que se atopen en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico.
 
5.1. Importe.
5.1.1. O importe da matrícula é de trescentos cincuenta euros (350 €), salvo o indicado no punto seguinte:
5.1.2. Terán un réxime bonificado, correspondéndolles un importe de matrícula de douscentos euros (200 €), todos aqueles solicitantes que se atopen encadrados nas situacións descritas nos puntos 4.1 e 4.2.
 
Tendo en conta que a misión
da EGAP, está centrada en:

“Acadar unha maior profesionalización do persoal ao servizo das Administracións públicas, que redunde nunha maior eficacia e eficiencia na prestación dos servizos á cidadanía, a través dunha formación que teña en conta as innovacións e as melloras na xestión pública, dende unha vertente práctica e aproveitando todo o potencial das novas tecnoloxías.”
 
Entendemos que debe centrarse nos seus obxectivos, rexeitamos ter que pagar por unha formación que redundará, posteriormente, nos obxectivos que a propia EGAP marca.
 
Tamén entendemos que o seu ámbito debe cinguirse aos traballadores e traballadoras da administración pública, rexeitamos que os cursos da Escola teñan como destinatarios a profesionais alleos á propia administración.
 
Reclamamos a retirada destes dous cursos, que a formación da EGAP sexa gratuíta, e teña como exclusiv@s destinatari@s @s traballador@s da administración que poden estar interesad@s na súa realización.

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript