Número 330- 17 de outubro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

O Claustro debateu a proposta da CEPREA

O pasado xoves, día 13 de outubro, reuniuse o Claustro da universidade para debater a proposta de “racionalización” de centros e departamentos. O equipo de goberno despois do rexeitamento das fusións de centros, o eixo da proposta inicial nas reducións previstas, optou por “suavizar” a súa proposta limitando a fusión aos centros que voluntariamente decidan optar por esta vía (contémplanse exclusivamente dúas posibilidades, as politécnicas en Ferrol e as da rama sanitaria do Campus de Oza), centrándose na redución dos cargos de xestión nos centros e a redución do número de departamentos.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

EXTEL, NON AO ERE

    O día 14 de outubro as traballadoras e traballadores de Extel-Adecco realizaron o segundo día de folga contra a intención da empresa de utilizar os medios que a reforma laboral do PP pon ao seu alcance para despedir a 205 traballadores e traballadoras na cidade da Coruña, un ERE fraudulento fundamentado nunha redución das chamadas que os propios documentos que presentou a empresa desmenten.

 NAVAL - FERROL
    Traballadores de Navantia Ferrol impediron que o presidente da compañía naval pública, José Manuel Revuelta, mantivese un encontro con empresarios da industria auxiliar na que o máximo executivo tiña previsto trasladarlles as intencións da compañía pertencente á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) en materia de subcontratación.
SANIDADE PÚBLICA

    Unha tesoirada próxima ao 1% do PIB. O gasto sanitario público en España diminuíu en 12.000 millóns durante os anos máis duros da crise, segundo os datos recompilados pola Comisión Europea nun informe feito público este luns en Bruxelas, e que foi discutido na reunión do Eurogrupo.

ADEGA

ESPAZOS LIBERADOS

    O Banco Expropiado La Canica albergará a rede de intercambio do mesmo nome e a Rede Solidaria de Economía de Barrio.

CORRUPCIÓN

    O Tribunal Supremo non chamará a declarar á excalcaldesa de Valencia e actual senadora do Grupo Mixto, Rita Barberá, ata mediados do mes de novembro. É dicir, unha vez pase o debate de investidura do próximo presidente do Goberno. Así o sinalaron fontes do alto tribunal á SER, á espera de que a semana que vén se coñeza a data exacta para esta declaración.

 INTERNACIONAL
    A Central Única dos Traballadores (CUT) de Brasil chamou este mércores para declarar o 11 de novembro Día Nacional de Folga, en resposta aos ”ataques do goberno golpista de Michel Temer contra os nosos dereitos e conquistas”.
 INTERNACIONAL
    Os movementos Don´t Shoot PDX e Black Lives Matter, que defenden os dereitos dos afrodescendentes, foron dispersados con gas pementa pola policía.
• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Xúrolles que eu cría que as habitacións de hotel limpábanse soas: que tiñan un mecanismo de autolimpeza polo que un saía pola mañá, e ao volver ao mediodía atopábase a cama feita, as toallas cambiadas, a roupa dobrada, a moqueta aspirada e un carrameliño na almofada. E resulta que non, que son miles de traballadoras as que o fan, supoño que entrando e saíndo polas rexas do aire ou algunha porta secreta, porque doutra forma non me explico a súa invisibilidade absoluta.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    O vindeiro día 18, ás 19:00 horas realizarase a reunión extraordinaria do Consello Social na que se acordará o nomeamento do novo xerente da Universidade. Calculamos, polo tanto que o nomeamento se oficialice o día 19.

 UNIVERSIDADE DE VIGO
    O Consello de Goberno da Universidade de Vigo, reunido o día 10 de outubro, atendendo o indicado no informe da Asesoría Xurídica da Universidade, revocou as RPT de PAS funcionario e laboral, aprobada na sesión do 22 de xullo para, inmediatamente, volver a aprobalas. A revogación fíxose a raíz do recurso presentado polo Comité de Empresa ao non se incluír na documentación que acompañaba aos puntos do Consello do pasado mes de xullo os informes negativos emitidos polos órganos de representación, así como o informe favorable da Xunta de Galicia.
 SAVE THE CHILDREN
    A pobreza infantil severa continúa crecendo en España e xa afecta ao 16,7% dos nenos, segundo datos publicados por Save The Children con motivo do Día Internacional para a erradicación da pobreza que se celebra o vindeiro luns.
 MALGASTO
    Non son poucas as construcións de nova factura infrautilizadas sobre as que apenas se falou na pasada campaña autonómica galega. Superados os comicios, estes elefantes brancos seguen á espera de solucións.
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    O Sindicato Labrego Galego estará, este 15 de outubro, unha vez máis nas rúas para esixir a marcha atrás nas negociacións de tratados de libre comercio coma o TTIP con Estados Unidos ou o CETA con Canadá porque a agricultura sería o sector máis damnificado, xa que as taxas arancelarias que protexen aos produtos agrícolas europeos son as máis altas na UE, cunha media do 14'6%.
 PARAÍSOS FISCAIS
    O caso de Panamá, que causou moito balbordo, non é nin de lonxe a única aberración en materia fiscal. Como explicar, por exemplo, que as Bermudas –onde o banco Société Générale ten unha filial que obtivo 17 millóns de euros de cifra de negocio en 2013 sen ningún asalariado- fosen retiradas da lista francesa dos paraísos fiscais en xaneiro de 2014?
 ACORDO COMERCIAL CETA
    O estar en funcións non impediu ao Goberno de Mariano Rajoy a dar un paso nunha cuestión máis que polémica. O Consello de Ministros autorizou a firma dos Acordos Económico e Comercial Global, e de Asociación Estratéxica entre Canadá e a Unión Europea e os seus Estados membros, é dicir, o criticado CETA –tamén coñecido como o TTIP canadense.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Coruña, 10/10/2016-. O Presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e a responsábel comarcal da Mesa na Coruña, Xela Armas, mantiveron hoxe unha xuntanza coas seccións sindicais en Extel da CIG, CXT, UXT e CCOO. Neste encontro, os responsábeis da Mesa mostraron a súa solidariedade ás representantes das e dos traballadores, e realizouse unha valoración da situación que sofre o sector dos centros de chamadas pola deslocalización e os despedimentos, e que no caso galego se agrava coa case inexistente opción de galego.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     

       
        UFFFF........

         
          SEN......

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript