NÚMERO 330 - 17/10/2016
CUTUDC / Novidades
O pasado xoves, día 13 de outubro, reuniuse o Claustro da universidade para debater a proposta de “racionalización” de centros e departamentos. O equipo de goberno despois do rexeitamento das fusións de centros, o eixo da proposta inicial nas reducións previstas, optou por “suavizar” a súa proposta limitando a fusión aos centros que voluntariamente decidan optar por esta vía (contémplanse exclusivamente dúas posibilidades, as politécnicas en Ferrol e as da rama sanitaria do Campus de Oza), centrándose na redución dos cargos de xestión nos centros e a redución do número de departamentos.
A situación económica xunto coa proliferación dos cargos de xestión nos centros, unido á irracionalidade da estrutura departamental que se implantou nesta universidade, produto de múltiples intereses, políticos, persoais..., fixo que a proposta presentada pola CEPREA, consensuada previamente coa práctica totalidade dos estamentos docentes afectados, non tivese oposición na reunión do Claustro convocado para debatela, de feito constatouse a ausencia da práctica totalidade das persoas que normalmente representan á “oposición”. Os candidatos opositores difundiron posteriormente un comunicado que vos xuntamos. Ademais de parecernos impropio que na comunicación, emitida mediante correo electrónico, empreguen o castelán, entendemos que limitarse a remitir un comunicado escapando do debate no Claustro, algo que reivindicamos tanto eles coma nós, non é máis que unha demostración da súa covardía. Independentemente do que se queira sinalar, ben se nos puido facer chegar na reunión do Claustro convocada, precisamente, para iso.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript