Primeiro foi o parlamento español o que deu
vía libre á súa aplicación e logo cada parlamento de
comunidade autónoma establece o procedemento de aplicación
en cada territorio.
o goberno
galego ten capacidade para minimizar o seu
impacto e se fora coherente co que votaron no
Congreso, aquí non as aplicaría o proxecto.
Para
aforrar,
propoñemos ao goberno galego que non gaste o millón de euros
na propaganda do decreto de plurilingüísmo, que elimine o
plus de altos cargos, a redución de asesores…
Tamén lle
propoñemos o aumento da presión fiscal sobre as rendas máis
altas como fixeron noutras autonomías.
Segundo o que
reflicten as noticias da prensa galega, Feijoo pensa levar á
Cámara o proxecto para aprobar na cuarta semana deste mes.
Cómo
se pode aplicar o decreto na Universidade antes de que se
aprobe no Parlamento galego?
Non é certo que
haxa unha interpretación e, polo tanto, unha execución
idéntica do referido real decreto.
O Goberno vasco
(PSOE-PP) só rebaixará, de media, un 2% as retribucións
básicas (salario base e antigüidade) deixando intactos os
complementos, aduce para elo a capacidade da comunidade para
decidir en torno
aos complementos salariais, e indica, tamén, que a situación
financeira das institucións vascas é moi “saneada”.
Non só o goberno
vasco insiste en aplicar o seu propio criterio sobre o real
decreto, os gobernos de Asturias e Baleares mostraron a súa
discrepancia coa disciplina salarial que pretende impoñer o
decreto de Zapatero e anunciaron a súa intención de optar
pola súa propia interpretación legal.
Xa
referíndose á Universidade,
reiteramos que, no Consello de Goberno onde se nos deu conta
do orzamento para 2010 explicitousenos que a economía da UDC
estaba “saneada”, aínda así, parécenos insultante que,
mentres que se nos desconta, a toda presa, o 5% do salario
se proceda a gastos suntuarios e totalmente superfluos, por
exemplo, a renovación da práctica totalidade da moblaxe e
cadeiras (moitas delas, tamén, cambiadas fai un ano) da
segunda planta da Reitoría, lámpadas de deseño mercadas
nalgún centro, percheiros
que tamén custan un ollo da cara...
En todo caso,
antes de proceder ao desconto no salario dos traballadores e
traballadoras, propoñemos que se proceda á remodelación do
sistema do gasto co que se actúa na UDC.
Controlar, de
verdade o gasto en centros e departamentos, centralizando
todo o procedemento de execución deste gasto ( desde folios,
bolígrafos ate ordenadores, billetes de avión…), xa só o
feito da centralización seguro que proporcionaría un aforro
considerable, despois haberá que exercer un verdadeiro
control sobre as cousas que se mercan cos cartos de
todos/as.
Sabemos que isto,
tan simple, non se realizará por este equipo reitoral, non
se enfrontará a Decanos, Directores de centros e
departamentos, xógase a súa pervivencia.
Se de
verdade se quere aforrar hai que tomar, tamén medidas coa
privatización de servizos, que resultan, ao noso entender,
máis caros realizándose por empresas privadas.
Haberá que poñer
coto ao sobrecusto de obras que parecen ser un saco sen
fondo.
De executarse
estas medidas tan simples seguro que teriamos cartos dabondo
para unha RPT digna e para non pasar ningún apreto
económico.
Reiteramos, se a
Universidade non está nunha situación crítica, a nivel
económico os cartos deben retornar a traballadores/as.
TODOS/AS Á FOLGA O DÍA 8!.
FOLGA XERAL XA!
Acude ás manifestacións:
A Coruña.
Saída da Praza da palloza, ás 11:30 horas.
Coa CIG
E ás 19:30 horas saída da Praza de Vigo. Coa CGT
Ferrol.
Saída de Eduardo Pondal, 41-43, ás 12:00 horas.
Coa CIG