Maio de 2010
 
 

07/06/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Os futbolistas da selección española baten récords en primas

 

 

Os futbolistas da selección española duplicarán, no caso de gañar o mundial, as primas recibidas por gañar a eurocopa.

 


 

Non está mal, como a economía marcha vento en popa, podemos permitirnos o luxo de pagar a maior prima que se vai dar no mundial, é comprensible posto que ímos moito mellor ca Francia, Alemaña...

 

Nada menos que 550.000 euros por cabeza. Nestes tempos onde a mellor ocorrencia para non malgastar o diñeiro e reducir o déficit é conxelar as pensións ou baixar o soldo aos funcionarios, unha federación española, sustentada cos impostos de todos os españois, quere pagar a uns xogadores, de por si inmensamente ricos, unhas cantidades de diñeiro vergonzosas.

Quen controla e fiscaliza todo o diñeiro que se gasta esta federación nun mundial, chámense primas, comidas, convites e viaxes?

E sobre isto aínda non oín nin sequera unha voz discordante que o cuestione.

 

Así nos loce o pelo. Pan e circo

Que se volvan na primeira fase!

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript