Maio de 2010
 
 

07/06/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

O 58% das pensións conxeladas están por debaixo de 624 €

 

 

O 58% das pensións contributivas está por debaixo dos 624,85 euros mensuais, o nivel no que se considera que un fogar dunha soa persoa corre perigo de caer na pobreza. €

 


 

 

Os pensionistas encóntranse en plena avaliación dos efectos que terá a tesoirada do Goberno central na súa economía doméstica, que no 50% dos afectados se encontra xa ao bordo da pobreza. O 58% das pensións contributivas está por debaixo dos 624,85 euros mensuais, o nivel no que se considera que un fogar dunha soa persoa corre perigo de caer na pobreza.

 

Tomando como referencia o salario mínimo interprofesional (SMI) -633,30 euros-, hai 4,8 millóns de perceptores de pensións que cobran menos. Ademais, un 25% dos pensionistas cobran menos de 937 euros, o albor da pobreza para fogares compostos por dous membros.



A conxelación que sufrirán no 2011, coa perda de poder adquisitivo equivalente á suba da inflación, «arrastrará a este colectivo inevitablemente cara á pobreza», a medida do Executivo é «unha clara inxustiza social e un paso máis cara ao desmantelamento do Estado do benestar».



Unicamente o 20% das pensións contributivas está por enriba dos 1.000 euros mensuais e outro 21% (equivalente a 1,9 millóns de persoas) perciben unha prestación superior aos 2.000 euros.

Seguro que nas mobilizacións do día 8 atoparemos xubilados/as protestando contra estas medidas.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript