Número 33 - xuño 2010
 
 
    O DÍA DESPOIS

    Onte foi un día importante. Aos traballadores/as da administración pública, chamáronnos a dar resposta á intención do goberno de que paguemos as consecuencias dunha crise que non xeneramos.

    A Universidade da Coruña con case o 58% de participación segundo as cifras oficiais foi unha das administracións onde, se nos remitimos aos cálculos oficiais, máis participación houbo.

    Coma non entendemos de divisións sindicais, en Ferrol estivemos na manifestación da CIG e na Coruña fomos a todas as manifestacións que se fixeron reclamando a convocatoria dunha folga xeral xa!.

    PRECÍSASE A PARTICIPACIÓN DE TODO O COLECTIVO

    Afeitos ás conxelacións non se contaba coa posibilidade dun recorte salarial. Un retroceso de anos nos nosos dereitos.

    Mais se non damos a resposta necesaria a cousa pode continuar a peor. Socialmente medidas máis drásticas na administración pública tamén serían “populares”.

    A cidadanía quere máis servizos pero, en xeral, ten un rexeitamento enorme, froito de moitos anos de descréditos, para os/as que llos ofrecemos. Isto, pulado polos gobernantes e coro mediático, serve para aproveitalo nas épocas de crise (conxelacións das que nunca nos recuperamos).

    Neste intre dan un paso nunca dado até agora (a rebaixa salarial), se calamos, asentimos, non facemos nada, non actuamos, as medidas poden radicalizarse.

    Tamén depende de nós, somos un colectivo numericamente importante, temos que dignificar a nosa labor e esa labor tense que reflectir en salarios dignos. Somos traballadores/as!.

 Os/as que queirades, quedamos ás 7:45 na rotonda de Elviña para percorrer os centros. TRAEDE XIPROS E COUSAS QUE FAGAN RUIDO.
    CAPTAMOS A MENSAXE

    Non é certo que haxa unha única interpretación e, polo tanto, unha execución idéntica do referido real decreto.

    O Goberno vasco (PSOE-PP) só rebaixará, de media, un 2% as retribucións básicas (salario base e antigüidade) deixando intactos os complementos.

    Imos asitir ás manifestacións:

    A Coruña. Saída da Praza da palloza, ás 11:30 horas.  Coa CIG
                      E ás 19:30 horas saída da Praza de Vigo.
    Coa CGT

    Ferrol. Saída de Eduardo Pondal, 41-43, ás 12:00 horas.  Coa CIG

     

Economía

    Adoita dicirse que os dous grandes males da economía capitalista española son o desemprego e a débeda

    Consello de Goberno

    O vindeiro día 22 haberá un novo Consello de Goberno, cando teñamos a orde do día transmitirémosvola.

    Primas

    Os futbolistas da selección española duplicarán, no caso de gañar o mundial, as primas recibidas por gañar a eurocopa.

   Pensións 

    O 58% das pensións contributivas está por debaixo dos 624,85 euros mensuais, o nivel no que se considera que un fogar dunha soa persoa corre perigo de caer na pobreza.

   O machismo mata

    Cinco mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex parellas nesta semana -dúas delas na mesma localidade de Salt- disparando as cifras de asasinatos machistas que ascenden xa a 32 vítimas no que vai de ano.

   UNIVERSIDADE

    Últimas convocatorias de prazas nas Universidades da Coruña, Santiago e de Vigo.

QUE PASA COA XERENCIA

23/04/2010 A Vicexerencia traslada ao Comité 21 convocatorias para o seu informe.

    Esperamos que as cousas se fagan con seriedade, a negociación non se pode converter nun show.

    Se nunha semana se poden preparar 21 convocatorias:
    * Porqué se nos fixo agardar todo este tempo?
    * Si se tiñan preparadas. Porqué non se nos pasaron antes?  


Quén goberna?
    
  •   
 
    Actuacións fiscais "disparatadas"

    O propio colectivo de técnicos de Facenda denuncia que o ministerio investiga os colectivos máis prexudicados pola crise no canto de ir a polos "grandes defraudadores".

    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Dado o que nos está a caer enriba non é de estrañar o incremento de cartas recibidas e o motivo que as inspiran.

     

DIÑEIRO

    Unha breve reflexión sobre o que acontece en Grecia feita por Daniel Cohn-Bendit representante dos Verdes no Parlamento Europeo

 

    A madrugada do 31 de maio, o exército do Estado de Israel atacou a un convoi formado por seis barcos, con máis de 750 persoas a bordo, que levaba 10.000 toneladas de axuda humanitaria para Gaza. A cifra de cooperantes internacionais asasinados polos soldados israelís é de, polo menos, 9 persoas.


    

Vindeiras actuacións do Comité

 

 

Día 09/06/2010  A Xerencia convoca ao Comité ás 11:30

A RPT non estará rematada no primeiro trimestre de 2010.

CONVOCATORIAS:

Convocatoria de Telefonistas (NOVIDADE)

Convocatoria de Técnicos Especialistas en Informática

Correción de erros na convocatoria de Aux. de Servizo

Correción de erros na convocatoria de Conserxes

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
   Austeridade

    O PP esquece a austeridade e non repara en gastos cando se trata de impoñer o español. No actual contexto de crise, mentres proclama a contención de gasto en políticas industriais ou de emprego, é perverso e inmoral que destine un millón de euros só para proxectar propagandísticamente un decreto que foi rexeitado por todo o mundo, dende a comunidade educativa, ás institucións oficiais da lingua, as tres universidades, oposición política e grande parte da sociedade.


  

    Mal camiño levamos cando non só as decisións económicas senón que tamén as decisións políticas e sociais as toman os mercados financeiros.


    
  •   
Números anteriores
 
De interese
CALENDARIO LABORAL 2010
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript