Maio de 2010
 
 

07/06/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

A débeda española: unha bomba a punto de estalar

 

 

Adoita dicirse que os dous grandes males da economía capitalista española son o desemprego e a débeda.

 


 

 

Sobre o paro non hai moito que dicir que non se coñeza, pero no caso da débeda as cifras, por desorbitadas, adoitan provocar o distanciamento da xente. Por iso, é importante coñecer aos acredores, aos que prestaron diñeiro a España e chaman para saber que hai do seu, son:

Francia co 25%,
China co 18%,
os países do Benelux 14,52%,
Alemaña 7,14% e
Italia 5,97%.

Os titulares son na súa maioría bancos centrais, aos que se deben 77.470 millóns, o 34% do total. Particulares e empresas non financeiras teñen o 27,6%, hai case un 21% en mans de bancos, entidades financeiras e aseguradoras, e outro 17,4% en poder de fondos de investimento e de pensións.

Tamén é interesante saber que os nervios do goberno se deben fundamentalmente aos prazos para pagar os intereses desa débeda colosal que ascende a 459.055 millóns de euros, (para que se fagan unha idea en 1995 a débeda española ascendía a 187.227 millóns de euros, dos que apenas 21.000 millóns, é dicir menos do 11,2%, estaba en mans estranxeiras. Dende entón o endebedamento multiplicouse por 2,4), e isto resúmese así: o día 18 de xuño hai que pagar 8.100 millóns, o 23 de xullo, 7.600 millóns, e o 31 de xullo 16.180 millóns, todo en intereses sobre os referidos 459.055 millóns de débeda total.

E a pregunta é: Hai diñeiro para pagar? A resposta é NON. Entón? Pois non queda outra que volver endebedarse para pagar eses intereses con outros acredores. E así, seguir multiplicando a débeda.

 Pero, e que futuro trae iso consigo? Tamén é doado de responder: unha quebra.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript