Maio de 2010
 
 

07/06/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Comunicado da CUT: 8 de xuño todos/as á folga!

 

 

Metéronnos a man no peto, sacáronnos a carteira e roubáronnos o 5% do soldo. Se non reaccionamos volverannos a roubar outra vez,cada pouco poden meter a man máis abaixo.

 


 

 

No estado español, nos últimos 22 anos, houbo 8 grandes reformas laborais 3 con Felipe González (1984-1992 e 1994), catro con Aznar (1997-1998-2001 e 2002) e unha con Zapatero (2006), se vos fixades o partido de “esquerdas” fixa tantas coma o de dereitas.

A crise orixinada, coma todo o mundo sabe, pola avaricia desmedida do capital especulativo que gañou cantidades inxentes coas burbullas que eles mesmos crearon, aproveitase para empuxar pola dita reforma. Os voceiros desas forzas económicas intentan asimilar unha circunstancia a outra cando non teñen nada que ver.

Aproveitando o pavoroso medo que meteron sobre a crise, o goberno, a patronal e o capital (FMI, Banco de España, Banco Central Europeo…) empuxan agora para que se leve a cabo unha nova reforma, (sempre foron nunha mesma dirección e neste caso non cambiará), coa única finalidade de precarizar, aínda máis, as condicións laborais e sociais dos traballadores e traballadoras.

O problema do mercado laboral é o alto índice de paro e precariedade, coa reforma laboral o que se pretende é abaratar e precarizar aínda máis ese mercado co que a solución dista moito de amañar o problema senón que profundizará, aínda máis, nel.

Moitas das reformas anteriores tiveron como resposta a folga xeral, cunha resposta dos traballadores/as contundente.

Esta reforma que nos están cociñando debe ter a mesma rotunda resposta, na administración pública, na empresa privada e na rúa.

A todo iso únense as políticas realizadas polo goberno de Feijoo de recorte orzamentario nos servizos á cidadanía, especialmente nos sectores de saúde, ensino e servizos sociais, a privatización de servizos públicos e unha chea de medidas que supoñen un claro atentado aos intereses das persoas que prestan servizos nas administracións públicas en Galicia.

Por outro lado o recén aprobado decreto lei do Goberno socialista vén a agravar esta, xa desoladora, situación ao rebaixar as retribucións das persoas ao servizo das administracións públicas, conxelar as pensións, paralizar ás axudas á maternidade, eliminar o pagamento da retroactividade así como os plans de xubilación anticipada e parcial.

 

Por todo iso, convocámoste á folga xeral no marco das administracións públicas de Galicia para o próximo 8 de xuño. Convocámoste a participar e a mobilizarte, por

 

  1.   A retirada da proposta de recorte salarial aos empregados e empregadas publicas aprobada polo Consello de Ministros do 20 de maio de 2010.

  2. Que no Parlamento galego non se aproben as medidas emanadas dese decreto.

  3.  A retirada de todas as mesas xerais das distintas administracións publicas galegas de calquera recorte en retribucións complementarias ao persoal ao servizo da administración en cuestión.

  4. O cesamento inmediato das políticas de privatización do Goberno galego nos distintos sectores, especialmente en sanidade e educación.

  5. O aumento dos presupostos do goberno galego en sanidade, saúde e servizos sociais.

  6. Non á conxelación das pensións.

 

Tócanos abrir o camiño cara a unha folga xeral en Galicia de todos os sectores produtivos, para salvar o noso país do caos absoluto no que nos meteron outros.

 

Nós non creamos esta crise non queremos pagar as súas consecuencias.

 

POR UNHA ADMINISTRACIÓN PUBLICA DE CALIDADE AO SERVIZO DA CIUDADANIA!

 

POLA DIGNIFICACIÓN DAS NOSAS CONIDCIÓNS DE TRABALLO !

 

NON AO RECORTE DAS PENSIÓNS!

NON Á PRIVATIZACION DOS SERVIZOS PUBLICOS!

 

 

TODOS/AS Á FOLGA O DÍA 8!.

 

FOLGA XERAL XA!

Acude ás manifestacións:

A Coruña. Saída da Praza da palloza, ás 11:30 horas.  Coa CIG
                  E ás 19:30 horas saída da Praza de Vigo. Coa CGT

Ferrol. Saída de Eduardo Pondal, 41-43, ás 12:00 horasCoa CIG

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript