Maio de 2010
 
 

24/05/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


 

 

Para quen traballan os funcionarios


O Goberno insuflou recursos públicos aos bancos cando deixaron de dar créditos; e ás empresas de construción para que non parasen as súas obras; e aos vendedores de coches para que funcionasen as cadeas de produción; e aos fabricantes de electrodomésticos. A coartada sempre é a mesma: se o diñeiro deixa de circular, afúndese o sistema.
Como para o común dos mortais a única medida de presión efectiva é a folga de consumo, propoño que todos os funcionarios, durante unha semana, deixen de consumir na medida do posible. Se pechamos os nosos moedeiros, ao mellor o Goberno ten que socorrernos tamén a nós, devolvéndonos o poder adquisitivo que levan quitando lustros.
Non podemos deixar de facer o noso traballo, o compromiso persoal e profesional vai mais alá da remuneración recibida; os xestores políticos sábeno, por iso poden permitirse ataques frontais contra a nosa dignidade, como o perpetrado por Zapateiro en servizo e submisión aos sacrosantos mercados.
Aos mestres, os sanitarios, os policías, os xuíces, os traballadores dos servizos sociais e ata dos cárceres non poden desprezarnos: o noso traballo resulta imprescindible para a cohesión social e a calidade da democracia.

A impunidade do Exército israelí no seu asalto

Din que o asalto israelí á chamada Flotilla da Liberdade ameaza con converterse nunha grave crise internacional.
O problema é que hai anos que Israel está a crear unha grave crise internacional.
E, se non, que llelo pregunten aos seus veciños
.


Vencéronnos, pero ímonos deixar gañar?

Os acontecementos das últimas semanas abríronme os ollos. Estaba segura de que ao final non iamos ser escoitados os que defendemos a idea de que o capitalismo destrutor que nos goberna non pode manterse en pé.
Pero crin, nun exercicio de utopía e á vez de realismo, que poderiamos cambiar o mundo, que esta crise serviría para demostrar que o sistema ante o que os cidadáns estamos humillados e sometidos non funciona, e que era necesario un cambio nas estruturas sociais, económicas e políticas a nivel mundial. Vencéronnos. Os feitos destas últimas semanas son irresistibles. Aínda así, ímonos deixar gañar?




 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript