Maio de 2010
 
 

07/06/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Mal camiño levamo

 

 

Mal camiño levamos cando non só as decisións económicas senón que tamén as decisións políticas e sociais as toman os mercados financeiros

 


 

 

A actual fase da crise económica na que estamos instalados ten os seus principais responsables no sector financeiro, absolutamente especulativo.

A pesar diso, as presións do sector conseguiron que os gobernos do que habitualmente se chama países desenvolvidos: UE, EE,UU., Canada, Australia... dedicasen billóns de euros, ata un 25% do PIB do conxunto para rescatar a banca, aumentando dunha forma brutal o endebedamento público correspondente.

Esa é a orixe real e precisa do incremento do endebedamento publico dos Estados occidentais e non as pensións, nin os soldos dos funcionarios, nin os servizos sociais.

Pois ben, unha vez asumida esa débeda polo sector público, é dicir por todos e cada un dos cidadáns, os mercados non están satisfeitos. Non agradecen as axudas prestadas, senón que esixen que todo, absolutamente todo, se poña en función dos seus intereses especulativos.

Trátase de poñer a sociedade no seu conxunto ao servizo do capital financeiro. Os gobernos occidentais, especialmente os europeos, acatan sen chiar a esixencia.

Os parlamentos respectivos facendo gala do seu total servilismo, do seu papel de eunucos políticos, ratifican urxentemente as medidas de "recortes" que non son senón un autentico cambio de modelo social.

No Estado Español, a cuestión como é habitual, foi especialmente esperpéntica e para mais i.n.r.i., cóntannos que o fan para salvarnos do desastre.

Non hai salvación por ese camiño, esa é a vía para o desastre total.

Se as imposicións en materia económica de 'os mercados' ', pomposo nome baixo o que se esconde o capital financeiro e especulativo, nos trouxeron á actual situación de crise económica, a adopción das política sociais que eses mesmos sectores esixen e impoñen levaranos inevitablemente, antes ou despois, á crise social e á crise política.

O que esta acontecendo ten unha sinxela descrición: ofensiva do neoliberalismo en todas as frontes e nestas circunstancias só cabe un camiño, o proceso de acumulación de forzas para conseguir o cambio de modelo económico, político e social no menor tempo posible

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript