Número 329- 10 de outubro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

13 de outubro, reunión do Claustro

O vindeiro día 13 realizarase unha nova reunión do Claustro Universitario, o segundo do ano 2016, esta vez a reunión terá como orde do día o debate sobre os acordos acadados na reunión da Comisión para a Elaboración do Plan de Racionalización das Estruturas Académicas da UDC (CEPREA), A documentación que se presentará a debate (a aprobación final realizarase no vindeiro Consello de Goberno) obtivo na votación realizada na reunión da CEPREA do día 6, 17 votos favorables, 2 votos en contra e 3 abstencións unha delas da representación do PAS.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

    No BOE número 238 do 1 de outubro de 2016 publicouse a Resolución do 28 de setembro de 2016, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, pola que se establece o calendario de días inhábiles para efectos de cómputos de prazos, no ámbito da Administración xeral do Estado para o ano 2016, a partir do día 2 de outubro de 2016.

 LEXISLACIÓN
    Despois de varias consultas neste sentido, informámosvos desta posibilidade recollida na lexislación e que require unha serie de condicionantes que vos sinalamos. Non obstante esta aclaración, recomendámosvos a revisión do caso concreto para aclarar exactamente como afectará á vosa “pensión”.
FOLGA DE TELEMARKETING

    O 6 de outubro colgamos os cascos. A folga de telemarketing foi exitosa, un paso máis na loita polos nosos dereitos, contra a precariedade laboral.

GUERRA DO LEITE

    Un grupo de produtores e sindicalistas de Unións Agrarias concentráronse no Alcampo de Santiago para informar ós consumidores sobre as marcas do grupo francés, que aconsellan non mercar. Retiraron os produtos da industria gala dos lineais.

VERDEGAIA

    Ferrol, A Coruña, Vigo… súmanse aos centos de cidades de todo o mundo que conformarán unha fronte común contra os Tratados de Libre Comercio durante este Outono en Resistencia. A Campaña Non ao TTIP Galiza convoca o vindeiro 15 de outubro baixo o lema “Nin TTIP, nin CETA, Nin TISA! Non aos Tratados de Libre Comercio!”.

UNIVERSIDADES

    En España, o curso universitario que acaba de comezar presenta, un ano máis, os efectos dos recortes do Goberno. A falta de investimento fai que para moitos mozos o acceso á universidade sexa imposible. Cada vez menos investimento, taxas demasiado altas, número reducido de bolsas e redución do persoal.

 SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
    Para tratar de romper o cerco mediático sobre o que sucede no Sahara ocupado por Marrocos, a loita do pobo saharauí pola súa liberación e o labor do Movemento de Solidariedade coa RASD (República Árabe Saharauí Democrática), acaba de nacer `Yalah!´. Un espazo de TV por Internet.
• OPINIÓN - Isaac Rosa

    Bos días, quería falar coa persoa titular do teléfono, luz, gas, seguro, conta, tarxeta, billete, cita, consulta, emerxencia, avaría ou incidencia. É vostede? Encantada de saudarlle. Como quere que me dirixa a vostede?

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE DE VIGO

    O Consello de Goberno da Universidade de Vigo, do día 10 de outubro, procederá a revogar a aprobación da RPT tanto de persoal laboral como de persoal funcionario por non contar no momento da súa aprobación, na sesión do 22 de xullo, cos informes preceptivos como recoñece a Asesoría Xurídica da propia universidade.

 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS DE COIA
    O pasado sábado 1 de outubro tivemos o pracer de escoitar a Koldobi Velasco. Estivo en Coia coincidindo coa súa participación no curso da universidade de Vigo "Traballo social e Servizos sociais ante o neoliberalismo e os novos escenarios do benestar" que se celebrou no Campus de Ourense os días 22, 23 e 30 de setembro de 2016.
 SANIDADE
    O viúvo da muller que faleceu o pasado 14 de xaneiro nun corredor do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo tras esvaecerse e permanecer unha media hora tendida no chan, conseguiu máis de 91.800 sinaturas en apoio á súa petición para que a Consellería de Sanidade esclareza "como e por que morreu" a súa muller.
 LOITA OBREIRA
    O pasado venres, día 6 de outubro, miles de persoas convocadas polo Comité de Empresa de Extel percorremos as rúas da Coruña, desde a rúa Ramón y Cajal até a Praza de Pontevedra, en protesta pola intención da empresa de utilizar a reforma laboral aprobada polo Partido Popular para despedir a 205 traballadoras e traballadores.
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    O Parlamento Europeo vén de votar maioritariamente en contra do cultivo de dúas novas variedades de millo transxénico das empresas DuPont-Pioneer e Syngenta, e da reautorización do millo MON810 de Monsanto. No Estado Español existe un novo risco medioambiental debido á presenza dunha planta invasora chamada teosinte, que se atopa nas leiras de millo e é quen de intercambiar xenes co millo modificado xeneticamente.
 MULLERES RUMBO A GAZA
    Israel comeza a deportar ás pasaxeiras da flotilla interceptada fronte a Gaza informou esta tarde Infolibre. Por outra banda “Mulleres Rumbo a Gaza” Convoca a organizacións que apoiaron a campaña e a simpatizantes a reunirse no aeroporto para recibir a Sandra e ao resto das pasaxeiras.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa pola Normalización participou na xornada de folga nos servizos de teleatención, un sector que en Galiza só no periodo 2010-12 reducíu en 2000 o número de empregos a consecuencia dos despedimentos e da deslocalización. Esta situación teríase evitado se as empresas garantisen o dereito a sermos atendidos e entendidos en galego.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     

       
        CORRUPCIÓN

         
          PSOE

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript