Outubro de 2016
 
 

NÚMERO 329 - 10/10/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

13 de outubro, reunión do Claustro

O vindeiro día 13 realizarase unha nova reunión do Claustro Universitario, o segundo do ano 2016, esta vez a reunión terá como orde do día o debate sobre os acordos acadados na reunión da Comisión para a Elaboración do Plan de Racionalización das Estruturas Académicas da UDC (CEPREA), A documentación que se presentará a debate (a aprobación final realizarase no vindeiro Consello de Goberno) obtivo na votación realizada na reunión da CEPREA do día 6, 17 votos favorables, 2 votos en contra e 3 abstencións unha delas da representación do PAS.

 

  • Noticias relacionadas

A representación do PAS considera que, aínda que está a favor do proceso de fusión, no colectivo de Persoal de Administración e Servizos, xa se realizou mediante a creación das Unidades de Apoio a Departamentos e Grupos de Investigación, o proxecto presentado non concreta a adscrición dos novos departamentos a cadansúa UADI, mentres que non se clarifique esta circunstancia para nós non estará rematado o proceso e, polo tanto, non podemos votalo favorablemente nin desfavorablemente.
 
Documentación para o debate:
Acordos da reunión do día 22 de xuño
Memoria do Plan Director
Proposta de regulamento marco de departamentos 06.10.2016
PDI por departamento e area proposta CEPREA 06.10.2016

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript