Número 328- 03 de outubro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

O xerente, cada día máis urxente

No Consello de Goberno realizado o día 28 o reitor confirmou o nomeamento de Ramón del Valle como novo xerente, desculpouse porque, ese mesmo día aparecía na prensa, antes de que o soubera a Comunidade Universitaria, un artigo no que Ramón confirmaba o seu nomeamento. Significou o reitor que, aínda que non había xerente, si había xerente, xustificou esa contradición na presenza das Vicexerencias que asumían esa labor. Nada máis lonxe da realidade, nesa mesma reunión, a preguntas da representación do PAS sobre cando se repartiría a roupa de traballo (leva meses de retraso), sinalou que había que agardar á toma de posesión do xerente para resolver a situación.

 UNIVERSIDADE

    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.

UNIVERSIDADES - CRUE

    Na asemblea xeral da Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) reunida o día 28 en Compostela (o reitor da UDC non aparece na foto), anunciouse que alcanzaran un pre acordo co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte polo que a maioría das carreiras existentes en mapa de titulacións se impartirían en catro anos. Tamén debateron sobre as reválidas e o perigo que encerra a desaparición do “distrito único”.

 CUT
    A xornada de eleccións celebrada en Galiza o pasado 25 de setembro marca un antes e un despois. Con ela péchase un ciclo electoral demasiado longo (que quizais aínda se dilate no ámbito estatal) no que a acción política estivo presidida pola preeminencia do electoral e, en certo grao, o correlato do “imperio do institucional” conlevou (ou confirmou) unha desertización progresiva das ricas iniciativas de rúa e das diversas experiencias de unidade popular no combate man a man que xermolaron nos últimos anos no noso país.
LABORAL

    No Día Mundial do Turismo, os sindicatos quixeron denunciar o ‘Lado B do sector' en España. Salarios á baixa, pésimas condicións laborais e unha crecente temporalidade contrastan coas cifras récord das empresas turísticas españolas.

LOITA FEMINISTA

    Falamos con Regina, unha das procesadas por unha protesta contra a reforma da lei do aborto na igrexa de San Miguel de Palma. Hoxe celebrouse o primeiro día de xuízo contra elas á audiencia palmesana.

O ROUBO LEGAL

    Os Técnicos do Ministerio de Facenda (Gestha) lembran que se detectaron polo menos 600 casos de evasores que cometeron delito de branqueo de capitais de entre os 30.000 que se acolleron á amnistía fiscal do ano 2012, o que supón o 2% do total.

VERDEGAIA

    A Terra Non Se Vende, as Redes de Asociacións Galiza Non Se Vende e A Ría Non Se Vende, Salvemos Monteferro e Verdegaia poñemos en cuestión a participación das distintas entidades sociais vencelladas tanto directa como indirectamente ao sector forestal na revisión do Plan Forestal de Galiza, pois na súa elaboración as decisións as levou a cabo e impuso dun xeito totalmente viciado a maioría de entidades relacionadas directamente ao sector económico e produtivo.

 DESIGUALDADE
    O número de ricos con patrimonios declarados por encima dos 30 millóns de euros multiplicouse por máis de dous durante a crise económica, ao pasar dos 233 en 2007, xusto un ano antes do inicio da crise, a 508 en 2014, o último dato publicado pola Axencia Tributaria sobre a declaración do Imposto de Patrimonio.
• OPINIÓN - Moha Gerehou

    A pasividade da xustiza e o Goberno ante o racismo ten a mesma efectividade que unha campaña publicitaria co lema “Se racista, sae gratis”: distintas formas, iguais resultados e mesmas vítimas de sempre.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE

    O pasado día 28 realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. Aproveitamos a sesión para interesarnos polas cuestións que nos transmitistes, a roupa de traballo e os altos índices de Radon detectados na Casa do Lagar.

 LEXISLACIÓN
    O día 2 de outubro entra en vigor a Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que, entre outras cousas cambia o cómputo de prazos. A Lei regula as relacións externas entre a Administración e os cidadáns. Pretende implantar unha Administración totalmente electrónica, interconectada e transparente, mellorando a axilidade dos procedementos administrativos e reducindo os tempos de tramitación.
 CRISE ESTAFA
    O día 27 de setembro constituíuse a mesa de negociación do expediente de regulación de emprego da empresa de telemárketing EXTEL. O día 28 comezou a transcorrer o período de “consultas”. As traballadoras e traballadores non aceptan os despedimentos e xa realizaron unha folga parcial durante o día 28 e anuncian outra esta vez de 24 horas o día 6 de outubro.
 LABORAL
    Apropiga pide a fin da precariedade dos traballadores de nove meses que finalizarán a súa actividade na loita e prevención contra incendios forestais en novembro.
 A GRAN ESTAFA
    O custo anual da corrupción no público, estímase ao redor de 50.000 millóns de euros. Durante os catro anos de Rajoy, os seus “protexidos” saqueáronnos máis de 199.300 millóns de euros, aos que hai que sumar os 700 millóns de euros saqueados por Chavez e Griñán, unha barbaridade. Destes 200.000 millóns, que nos saquearon, saen as mordidas, os sobres de diñeiro negro e as contas sen titulares das sedes provinciais do Partido Popular.
 CRISE DO CAPITALISMO
    Un estudo realizado por dous economistas das universidades de Chicago e Oxford sobre mil traballadores de Etiopía mostra como a industrialización que vive o país nos últimos anos supuxo o empeoramento da saúde dos traballadores do sector industrial sen que se vivira un aumento dos ingresos.
 UNIVERSIDADE DO BARRIO
    “O movemento da economía solidaria leva traballando en España desde hai case 30 anos. Os movementos sociais levan un tempo resucitando e reinventándose”. Universidade do Barrio. 1ª Sesión de economía. “O que a economía convencional oculta” di Nuria del Río. Experta en economía social/solidaria
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Santiago de Compostela, 27 de setmebro de 2016-. Tras a xornada electoral do 25 de setembro, o servizo A Liña do Galego da Mesa pola Normalización Lingüísitica recibiu queixas pola barbarización da toponimia galega en publicacións diarias como o xornal español El Mundo.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   


 

     

       
        O LIO NO PSOE, SEN PALABRAS

         
          FEIJOO ARRASA

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript