Na reunión que a Xunta de Persoal tivo co reitor sinalóusenos a data do 14 de setembro como o día no que a convocatoria de promocións sairía publicada no DOG. O día 14 publicouse unicamente a convocatoria extraordinaria de funcionarización. Ao non aparecer na data sinalada, nin nos días sucesivos, a convocatoria de promocións preguntamos no Servizo de PAS que nos sinalou que, desde o DOG indicaran que xurdira un problema de maquetación que provocara o retraso e que agardaban se publicara nesta semana que comeza.
Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
O DOG de día 16 de setembro publica a ORDE conxunta do 5 de setembro de 2016, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Consellería de Facenda, pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2013 pola que se regulan a acreditación, a xornada e o horario de traballo, a flexibilidade horaria e o teletraballo dos empregados públicos no ámbito da Administración xeral e do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.
Desde o curso 2011-2012, a partir do que o número de alumnos empezou a descender e no que se aplicou a subida de taxas, os matriculados en graos caeron un 10%. Das dez universidades que rexistran unha maior caída sete son públicas e no ránking das que máis alumnos incrementan oito son privadas. "Moitas persoas deixan de estudar por unha cuestión económica", sostén Olga Calvo, da rede de Estudantes en Movemento.
A Asociación de Pacientes do CHUS, a Unión Galega de Epilepsia e a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela informan que tiveron "coñecemento" do que definen como "criterios discriminatorios" do Servizo de Neuroloxía do CHUS, ao negarlle unha proba a un paciente con epilepsia por carecer de acompañante 24 horas de unha a dúas semanas.
Os gandeiros piden o apoio dos consumidores para que non compren produtos da multinacional francesa. Acusan a Lactalis de reter dous millóns de euros aos gandeiros galegos e de impor un prezo á baixa nos novos contratos.
Polo menos 15 persoas foron detidas antes e durante a protesta en París, ademais houbo oito policías e catro manifestantes feridos, constatou un xornalista de AFP. Tras meses de contestación nas rúas, a lei do traballo francesa aprobouse de maneira definitiva en xullo, sen votación no Parlamento. Como resposta, varias protestas estalaron este xoves en París contra a nova reforma.
Organizado por diversos colectivos de Madrid que durante os últimos anos traballaron nas áreas arredor das que se articulará a xornada –vivenda e pobreza enerxética, urbanismo e mobilidade, remunicipalización e auditoría da débeda–, este encontro pecharase cun debate amplo para tentar trazar unha folla de ruta que active a mobilización e expoña novas formas de facer efectiva a delegación institucional de funcións en organizacións e movementos sociais.
Avenida da Alcaldesa Rita Barberá. Praza de Manuel Chaves. Paseo de José Antonio Griñán. Colexio Público "Francisco Camps". Carrer de Jordi Pujol. Instituto de Educación Secundaria "Rodrigo Rato". Polideportivo "Jaume Matas". Albergue Municipal para Persoas sen Fogar "Ana Botella". Hospital Universitario "Infanta Cristina". Estación de Metro "Juan Cotino". Aeroporto "Carlos Fabra".
O Xerente da Universidade de Compostela ven de entregar @s representantes d@s traballador@s dos colectivos de funcionari@s e laborais a súa proposta inicial para dar comezo ao proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript