Número 325- 12 de setembro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Urxencias

A Xunta de Persoal acordou, no seu día, coa Xerencia que o proceso de promoción se levaría a termo en dúas quendas: no cuarto trimestre do ano realizaríanse as probas dos grupos C2 e C1, coa finalidade de que a toma de posesión se realizase en xaneiro do ano 2017 e, no primeiro trimestre dese ano, coa finalidade de dar un maior tempo para a súa preparación, realizaríanse as probas dos grupos A2 e A1.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
UNIVERSIDADE

    Se o pasado día Xoves, 7 de xullo de 2016, o DOG publicaba o calendario laboral do ano 2017, posteriormente o Concello de Oleiros decidía que os festivos locais serían o 28 de febreiro (martes de entroido) e o día 17 de abril (luns de pascua), Pola súa banda o Concello da Coruña decidiu que os festivos serían o martes de entroido e o 8 de marzo (día internacional da muller), o único concello que aínda non confirmou os festivos locais é o Concello de Ferrol. O Calendario laboral que xuntamos está condicionado á confirmación dos festivos no Concello de Ferrol.

PP=CORRUPCIÓN

    Rajoy, De Guindos, Cospedal... os populares enrédanse en dubidosas explicacións sobre a decisión de enviar ao exministro dos papeis de Panamá ao organismo internacional (Banco Mundial). Nunca foi un concurso de méritos, senón unha libre designación.

GUERRA DO LEITE

    A Asociación Agromuralla convoca a varios centos de persoas en Lugo, máis dun milleiro segundo a organización, no primeiro aniversario da gran protesta láctea do 2015. Os gandeiros aseguran que todo foi a peor desde aquela.

PALESTINA

    O réxime de Israel iniciou as obras para levantar un gran muro de formigón ao redor da xa asediada Franxa de Gaza. O muro “pasará varios pisos baixo terra e estenderase varios pisos por encima do chan”, informou este mércores o diario israelí Yedioth Aharonoth na súa edición dixital.

O ROUBO ORGANIZADO A GRAN ESCALA

    Preto de 800 millóns de persoas pasan fame no mundo, principalmente nos países chamados “en desenvolvemento”. Con todo, nestes países, polo menos 250.000 millóns de euros de ingresos fiscais desaparecen cada ano nos paraísos fiscais, ou sexa, seis veces o importe anual necesario para loitar e vencer a fame ata 2025.

 A SAÚDE NAS MARXES DO SISTEMA
    ONG e asociacións médicas contrarias ao Real Decreto que excluíu da sanidade a 'sen papeis' e outros colectivos documentan ata 2.500 casos de consultas non atendidas desde 2012 por discriminación legal ou por arbitrariedade administrativa.
 MÁIS CORRUPCIÓN
    O concelleiro de Santiago urdiu un plan para presentar unha denuncia falsa contra un cargo policial que se negou a destruír un atestado sobre a alcoholemia dun cargo do PP
• OPINIÓN - Ignacio Escolar

    José Manuel Soria non renuncia. Máis ben fórzano a renunciar. É a cabeza que cae para salvar aos que máis mentiron nesta ocasión: Luís de Guindos e Mariano Rajoy. Foi o ministro de Economía quen defendeu que nomear a calquera outro “sería ilegal”. Foi o propio presidente do Goberno quen asegurou que gañara “a súa praza nun concurso público”. Ningún dos dous dicía a verdade e é a evidencia destas mentiras o que provocou que o exministro dos Papeis de Panamá perda este choio no Banco Mundial.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - CEPREA
 ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Adóitase escoitar que en España o sector público creceu de maneira desmesurada nos últimos anos, da necesidade da súa redución, do excesivo número de empregados públicos cos que conta a administración e as –xa escasas- empresas públicas. Tantas veces se repetiu a necesidade de alixeirar o orzamento do capítulo de gastos de persoal do sector público que ao final, a cidadanía acábao crendo.
 COMITÉ CONSELLERÍA TRABALLO E BENESTAR
    O Comité de Persoal Laboral da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña en reunión realizada o día 31 de agosto toma, entre outras, as seguintes decisións:.
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    O Sindicato Labrego Galego vén de iniciar unha rolda de contactos cos principais partidos políticos que se presentan ás Eleccións Galegas do 25 de setembro para compartir con eles un programa de accións necesarias para termos un medio rural vivo no que a agricultura, a gandería ou a silvicultura sexan motores dos espazos rurais, contribuíndo á creación de emprego, á dinamización social e económica, a garantir unha alimentación de calidade e a preservar a biodiversidade e a nosa riqueza paisaxística e cultural.
 TERRORISMO INTERNACIONAL
    Estados Unidos e os seus aliados non vacilan á hora de apoiar ao réxime de Arabia Saudita, a propósito de que este é o principal impulsor do terrorismo, opina Noam Chomsky. Nunha entrevista coa cadea libanesa Ao-Mayadeen, publicada este sábado, o politólogo estadounidense pronunciouse en contra do silencio de EEUU e os seus aliados occidentais ante “o papel destrutivo” do reino árabe na rexión de Oriente Medio.
 ECOLOXÍA - PLANETA
    As zonas virxes do planeta atópanse nun "declive catastrófico", segundo un estudo publicado por Current Biology que advirte, ademais, de que estas zonas da natureza poderían desaparecer se non se aplican cambios substanciais nas políticas ambientais.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    A Mesa pola Normalización Lingüística fixo chegar aos diferentes partidos que concorren ás eleccións do 25 de setembro, unha batería de seis propostas que a maior asociación cultural de Galiza propuxo xa hai ao actual Presidente Alberto Núñez Feixó sen recibir ningunha resposta por parte deste último. O obxectivo das 6 medidas urxentes é “que por fin se actúe para reverter o proceso de substitución lingüística que padece o noso idioma”.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     
      MOITA CALOR

       
        É VERDADE

         
          Números anteriores
           
          De interese
          O sindicalismo de clase depende de tí
          CALENDARIO LABORAL 2010
          CALENDARIO LABORAL 2011
          CALENDARIO LABORAL 2012
          CALENDARIO LABORAL 2013
          CALENDARIO LABORAL 2014
          CALENDARIO LABORAL 2015
          CALENDARIO LABORAL 2016
          A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
           
          Sácalles a lingua  
           
          CONTRA O PACTO SOCIAL
          O XORNAL - información obreira
          O IMPERIALISMO NON PASARA!!
          NON AS NUCLEARES
          7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

          cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript