Número 324- 05 de setembro de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

Un verán con moita actividade

Os meses de xullo e agosto soen ser períodos de tempo de baixa actividade na universidade, a modorra que transmite a calor xunto con que é o tempo de vacacións do PDI levan, habitualmente, ao letargo das novidades que nos poidan afectar. Non obstante este ano os acontecementos non seguiron a pauta marcada.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
XUNTA - UNIVERSIDADE

    Como todas e todos sufrimos nas carteiras, os gobernos central (ano 2012) e o autonómico (ano 2012 en adiante), para enxugar o déficit orixinado a raíz da transformación de débeda privada en débeda pública (nunha gran medida derivada do rescate aos bancos) róubannos unha importante cantidade do salario. Innumerables sentenzas determinaron que parte desa incautación salarial realizouse de xeito ilegal. Correspondía, polo tanto, que se nos restituíse.

UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA

    Como vos informamos no seu día un profesor da USC dirixiu varios comentarios sexistas a unha alumna. Os alumno e alumnas da aula requiriron á USC que abrise expediente ao docente polos comentarios e insultos realizados.

DOG

    O DOG do 26 de agosto de 2016 publica a Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a atención a domicilio de nenas e nenos menores de 3 anos a través do programa Bono coidado e se procederá á súa convocatoria.

GASTOS MILITARES

    Lonxe do que comunmente se cre, os investimentos militares non se producen nun estrito e pechado marco militar, senón que serve a un conxunto de intereses creados pola elite política e financeira, que funciona en favor de quen os goza e sérvense do Exército para obtelos .

MACHISMOS

    Aínda resoan os ecos do escándalo creado por Gustavo Cordeira, ese vello rockeiro arxentino de 54 anos proveniente dunha banda alternativa chamada Bersuit Vergarabat. Cordeira, que vai de moderno, soltou un roñoso pensamento arcaico nunha escola de xornalismo. Dixo: “Hai mulleres que necesitan ser violadas para ter sexo porque son histéricas e senten culpa por non poder ter sexo libremente”. Logo tentou xustificarse dicindo que se sacaron as súas palabras de contexto. Pamemas.

 ANTICAPITALISMO
    A Policía detén en Berlín a máis de medio centenar de persoas tras os enfrontamentos con manifestantes do movemento "Blockupy", segundo reportan medios locais. Despregáronse, na operación, máis de 2.000 axentes.
 O PODER DOS LOBBIES
    Exxon, Shell e Microsoft. Dúas petroleiras e unha empresa de informática, ocupan os tres primeiros lugares do pódium na lista do cincuenta empresas que máis diñeiro destinaron a labores de lobby na Unión Europea. A cantidade que as compañías 'top' destinou a presionar e influír sobre as decisións que se toman en Bruxelas e Estrasburgo incrementouse un 40% no últimos catro anos ata chegar aos 106 millóns de euros.
• OPINIÓN - José Luís Galego

    Isto empeza a poñerse cada vez máis feo. Estamos a piques de finalizar o ano hidrometeorolóxico en curso, que arrinca cada un de setembro, e os mapas da páxina de vixilancia da seca da Axencia Estatal de Meteoroloxía seguen sendo cada vez máis inquietantes (AEMET). É certo que a cousa vai por barrios e que o tempo fluctúa moito dun mes a outro, como é característico do noso clima. Así, o mes pasado a comunidade que rexistrou o menor índice de precipitacións foi Galicia, mentres que en boa parte de Canarias e Estremadura choveu lixeiramente por encima da media. Pero non nos enganemos: este país está a esquecerse de chover.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    No PASquín 314 publicabamos a noticia de que o Tribunal Supremo ditaminaba mediante sentenza que @s funcionari@s que queiran alongar a idade de xubilición ós 70 anos poderán facelo, independentemente da administración á que pertenzan, rematando deste xeito coa disparidade de criterio á hora de conceder a posibilidade de atrasar a idade de xubilación.
 UNIVERSIDADE DE VIGO
    A Xunta de Persoal de Administración e servizos da UVigo pon de manifesto que a RPT aprobada no Consello de Goberno supoñerá o despedimento de 36 interin@s 26 del@s do Campus de Vigo e 10 do Campus de Ourense. Alerta de que, ademais, cambia as funcións do 43% dos 370 postos de PAS funcionario, polo que os afectados terán que concursar por un novo posto sen que se lles garanta o salario ou a cidade de destino. Denuncian que se trata de "un auténtico ERE".
 PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA
    A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública apoia a manifestación do día 3 de setembro convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria de Vigo e SOS Sanidade Pública baixo o lema “3 de setembro, día de loita pola sanidade pública” en recordo dunha das máis grandes manifestacións que percorreron as rúas de Vigo na defensa da sanidade pública.
 LABORAL
    Ter un traballo e vivir en exclusión social deixou de ser unha excepción, tamén para os mozos. España converteuse nun dos países europeos onde máis xente nova que ten un emprego está en risco de pobreza, xunto a Grecia e Romanía. Máis do 20% dos traballador@s nov@s nestes países vive en exclusión social, tal e como alerta o último informe da Organización Internacional do Traballo (OIT).
 SALVAR O PLANETA
    O ano 2016 será o máis caloroso xamais rexistrado, superando os datos de 2014 e 2015, que actualmente é o ano que ten a media de temperatura máis elevada da historia. A NASA advirte que esta dinámica non é un ciclo que sobe e baixa, senón que veu para quedar. “Non hai unha pausa ou interrupción no aumento da temperatura. As persoas que pensan que isto vai terminar están a ver o mundo a través de lentes de cor de rosa. Este é un problema crónico que vai padecer a sociedade durante os próximos 100 anos”, asegura Gavin Schmidt, director do NASA Goddard Institute for Space Studies.
 VOOS DA VERGOÑA
    O vindeiro martes, 6 de setembro, un voo de deportación de Air Europa, pagado polo Ministerio de Interior, sairá desde Madrid con destino Mali e Senegal, segundo confirman a Diagonal desde o grupo de traballo Stop Deportacións da Campaña polo Peche dos CIE. “Aínda que as redadas serán ao longo e ancho de todo o Estado, o voo sairá de Madrid e terá escala en Málaga”, avisan o colectivo, desde onde animan a toda a poboación a estar vixiante e achegar información para denunciar as redadas policiais das que sexan testemuñas, que, segundo apuntan, adoitan producirse en espazos públicos e medios de transporte.
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Contra a chantaxe lingüística. Demisión dos responsábeis do Instituto de Desenvolvemento do Aforro de Enerxía dependente do Ministerio de Industria. O IDAE négalle unha axuda pública aos concellos de Santiago, Teo e Santa Comba por utilizaren o galego nun dos informes requiridos na solicitude.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        ESCOITANDO O DEBATE

         
          O MÉDICO DE PAGHO

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript