Número 322- 04 de xullo de 2016
 
 
 O PASQUÍN PUBLICARASE, DE NOVO, EN SETEMBRO. As noticias que se produzan neste período comunicarémosvolas mediante o correo electrónico

UNIVERSIDADE

Oferta de Emprego Público

Cada vez está máis claro que o xerente, brazo executor da estratexia deseñada polo reitor, quere impoñer a súa Oferta de Emprego Público en contra da vontade da maioría da Xunta de Persoal. Anunciouno o xerente no Consello de Goberno do día 28 de xuño, sinalando que a partir deste momento iniciarán os contactos coa Xunta de Galiza para levar a proposta ao vindeiro Consello de Goberno que, segundo parece, se realizará o 21 de xullo.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
ALTERNATIVAS NA XUSTIZA - CUT

    Os Sindicatos con representación na Mesa Sectorial de Xustiza de Galicia SPJ-USO, AXG-CUT, UGT, CIS-F, STAJ, CIG ante o “desprezo” demostrado polo Director Xeral de Xustiza, presentámonos sen aviso no despacho do Director Xeral de Xustiza o pasado día 23 de Xuño para esixirlle:

SENTENZAS

    O Tribunal Supremo modifica a súa doutrina sobre a retribución das vacacións anuais e pasa a considerar que esta debe incluír todos os conceptos retributivos ordinarios, excluíndo só os conceptos extraordinarios ou que supoñan dobre pago.

PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS E POLA REMUNICIPALIZACIÓN

    Este xoves 30 de Xuño de 2016, Fernando Ramos Armesto, no nome da Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos, pola Remunicipalización, interveu no pleno do Concello de Ferrol, celebrado pola mañá, pedindo o desestimento do Contrato Eléctrico e a investigación da actuación do bufete asesor xurídico, do Concello, Lama&Asociados, por ser un dos seus socios parte interesada na adxudicación do contrato.

MOVEMENTO GALEGO DA SAÚDE MENTAL

    En Galicia morre por suicidio unha persoa cada día. Esa realidade agravouse dende o comezo da crise alcanzando no ano 2014 o seu teito con 394 mortes por esta causa. As políticas desenvolvidas polo Goberno Central e a Xunta de Galicia fronte á crise desprotexeron a sectores sociais vulnerables incrementando o risco de suicidio na sociedade.

FACENDA - MOROSOS

    A pasada semana o Ministerio de Facenda publicou a segunda lista de grandes morosos. Estas persoas son contribuíntes que teñen débedas pendentes e sancións por valor, polo menos, dun millón de euros e que a finais do 2015 aínda non as pagaba. O importe das débedas e sancións dos contribuíntes superiores ao millón de euros ascende a máis de 15.700 millóns, o 0,7 por cento máis que ao 31 de xullo de 2015.

 CRISE ESTAFA
    O gasto público en España alcanzou o seu máximo en 2012, cando supuxo no 48% do PIB. Desde entón, ata o peche de 2015, rexistrou un descenso de preto de cinco puntos, ata o 43,3%. Trátase do segundo maior recorte do gasto público na UE nestes tres anos, por detrás do experimento por Irlanda, onde retrocedeu 6,7 puntos, ata o 35,1% do PIB.
 STOP HOMOFOBIA
    A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) considera “deplorable” que o xornal Diario de Ferrol decidise publicar o pasado día 26 nas súas páxinas de opinión, un artigo asinado polo colaborador José Luis Patiño que, baixo o título “Hasta el culo”, constituía un ataque encarnizado contra o colectivo LGTBI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais).
• OPINIÓN - Aitor Jiménez e Pedro José Mariblanca

    Despois de pasar meses mirando cara arriba buscando a salvación. De estar atentas ás pantallas, aos xornais, ás redes sociais, algúns mesmo aos mitins, queda o retorno ao real. E non dicimos ás asembleas, dicimos ao real. Queda responder as preguntas que feren, por que nos devolven esa responsabilidade que pretendiamos delegar. As preguntas que nos arroxan fronte a nosa propia responsabilidade política.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE
    O pasado día 28 de xuño realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno na que o xerente explicitou os pasos que ían dar cara a aprobación da Oferta de Emprego Público do PAS. Houbo, arredor deste tema un interesante debate que vos recomendamos ler.
 XUNTA DE GALIZA - PARLAMENTO
    O pasado día 28, o pleno do Parlamento de Galiza aprobou, polo procedemento de lectura única, cos votos do PP e a abstención do resto de partidos políticos, a Lei pola que se realizará a devolución da parte devindicada da extra de xuño de 2013 correspondente aos meses de xaneiro e febreiro. O PP intenta, unha vez máis, utilizar de xeito propagandístico cara as vindeiras eleccións galegas, unha restitución á que xa estaba obrigado por innumerables sentenzas do Tribunal Supremo.
 SENTENZAS
    Unha recente sentenza do Tribunal Supremo do 31 de maio contempla un caso peculiar de arbitrariedade no desenvolvemento dunha proba de acceso ao emprego público, en concreto, do proceso selectivo para o ingreso polo sistema xeral de acceso libre e de promoción interna na categoría de grupo auxiliar da función administrativa das Institucións Sanitarias do Servizo de Saúde de Castela a Mancha, convocadas mediante Resolución do 5 de outubro de 2009.
 COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL
    A revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA Nº 75 - co titulo xenérico "E despois do Cumio de París, que?" Revista da Asociación para Defensa Ecolóxica de Galiza, nas páxinas 20-21, publica dous artigos en referencia a Reganosa.
 SINDICATO LABREGO GALEGO
    A Comisión Europea pretende blindar os disruptores endocrinos, substancias tóxicas que alteran o sistema hormonal das persoas e que poden causar graves enfermidades.
 O PRINCIPIO DO QUE NOS ESPERA
    O Ministro de Economía, en substitución do Ministro de Industria, propuxo hoxe, día 30 de xuño, unha subida do 0.2% na factura da luz a uns 12,5 millóns de usuarios.
 A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO
    Cedo este xoves, estudantes secundarios agrupados na Asemblea Coordinadora de Estudantes Secundarios (Aces) chegaron á Municipalidade de Santiago encadeándose na entrada e despregando unha faixa desde o segundo piso da entidade no que denuncian o “oportunismo e a corrupción da clase política”.
 LINGUA
    No Servizo de Normalización Lingüística da USC enfróntanse cada día cunha chea de consultas sobre lingua e, en particular, con moitas dúbidas arredor do léxico e as expresións fraseolóxicas. Desta experiencia diaria xorde o Glosario de Erros léxicos e fraseolóxicos máis frecuentes, que hoxe é o protagonista das ‪#‎ligazóns‬.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        ACONSELLANDO AO VOTO

         
          RESCATES

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript