NÚMERO 322 - 04/07/2016
CUTUDC / Novidades
Cada vez está máis claro que o xerente, brazo executor da estratexia deseñada polo reitor, quere impoñer a súa Oferta de Emprego Público en contra da vontade da maioría da Xunta de Persoal. Anunciouno o xerente no Consello de Goberno do día 28 de xuño, sinalando que a partir deste momento iniciarán os contactos coa Xunta de Galiza para levar a proposta ao vindeiro Consello de Goberno que, segundo parece, se realizará o 21 de xullo.
A parte da análise que xa fixemos sobre a
pertinencia de cambiar o modelo de acceso e
concurso, que por moito que se diga se verá
afectado porque ás prazas que saian a acceso por
quenda libre non se poderá optar, da ruptura do
modelo establecido pódese deducir que ou ben o
equipo de goberno non confía no seu persoal,
entendendo que nos postos de máis cualificación e
responsabilidade ten que haber unha competencia
aberta ao resto do mundo, ou ben quere abrir a
porta a que ás prazas sinaladas se poida presentar
persoal da súa “confianza” facendo convocatorias
“ad hoc” (xa o vivimos nesta universidade) ou
baralla ámbalas dúas circunstancias.
Se o xerente e reitor conseguen impoñernos a súa
proposta, a pesar da oposición que suscita, non só
rachan o modelo actual acordado entre a
representación institucional e a representación do
PAS, romperán, de facto, coas posibilidades reais
de promoción e de carreira profesional porque,
neste momento en que as OEP son moi restritivas ben
pode pasar que ese 25% de reserva se corresponda
con todas as prazas que poidan quedar vacantes dos
grupos A1 e A2.
Pase o que pase, conclúa a situación no punto que
sexa, estaremos atent@s porque non podemos confiar
nun equipo de goberno que incumpre os compromisos e
a palabra dada. Tampouco
permitiremos que se importen, na universidade,
os modelos de xestión denunciados no Concello.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript