Número 321- 27 de xuño de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

OEP: APA rexeita a proposta do reitor e do xerente

O martes día 21 realizouse a reunión da Xunta de Persoal convocada para tomar unha decisión sobre a proposta de Oferta de Emprego Público (OEP) presentada pola Xerencia co aval directo do reitor. A esta reunión só UGT e APA levamos unha determinación, sendo, o posicionamento, diametralmente oposto.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
UNIVERSIDADE

    O vindeiro martes, día 28, realizarase unha nova reunión do Consello de Goberno. Transmitiremos, nesta reunión, a decisión que adopte a Xunta de Persoal na reunión do día 27 sobre a proposta de Oferta de Emprego Público presentada pola Xerencia. Como facemos en todas as ocasións poñémonos á vosa disposición para trasladar, na reunión, as cuestións que sexan do voso interese.

ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

    Mentres que na UDC estamos a voltas coa OEP de 2016, na Administración Xeral do Estado (BOE de 22 de xuño) xa publica as convocatorias de procesos selectivos, tanto de promoción interna como de acceso libre.

SOS SANIDADE PÚBLICA

    Comunicado de apoio de SOS Sanidade Pública á campaña por un Plan Galego de Prevención do Suicidio. O próximo 30 de xuño, Ás 8 da tarde, convócase un acto de Badalada pola prevención do suicidio en diferentes localidades galegas, simultaneamente á que se realiza en Santiago de Compostela desde hai case dous meses. De momento podemos confirmar a convocada no Obelisco na Coruña.

REFUXIAD@S, PASAXE SEGURA - NON ÁS GURRAS!

    A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, mobilizouse polas rúas das principais cidades e vilas galegas o domingo 19 de Xuño. O acto encadra-se no 'Día mundial das persoas refuxiadas' no que houbo centos de mobilizacións en todo o mundo, por unha pasaxe segura para as persoas refuxiadas e inmigrantes, por un forte 'Non ás guerras' e contra as fronteiras criminais.

 EN DEFENSA DO SECTOR DO MAR
    Diversos representantes do sector do mar en Galicia reuníronse este martes en Santiago con membros de todos os partidos políticos para esixirlles "compromisos" coas súas reivindicacións --como un saneamento integral da rías, máis cotas e unha repartición máis equitativa de fondos europeos-- para que leven a cabo nos gobernos que saian das urnas, tanto nas eleccións xerais como nas autonómicas de outono, co fin dun "cambio de rumbo" nas políticas pesqueiras.
 OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA
    No capitalismo, todas sabemos que a riqueza que se produce colectivamente é apropiada individualmente polos capitalistas. O capitalismo está a demostrar que o mesmo fai beneficios cando crece (en períodos de expansión) que cando decrece (en períodos de crises). Por tanto, transformar o capitalismo supón eliminar o poder que exerce a clase propietaria sobre os medios e recursos produtivos, así como asumir esta labor de insurrección por parte da clase traballadora en particular, e os/as cidadáns/as en xeral.
 MÉXICO – MASACRE EN OAXACA
    Outra vez a sociedade mexicana atópase conmovida e indignada. Cando Atyozinapa e os seus mártires seguen acurralados na impunidade, a violencia estatal, ese terrorismo forxado nas alturas do Palacio Presidencial e expandido como regueiro de pólvora por cada unha das gobernacións, volve cantar presente. Nesta ocasión como ocorrese cos 43 normalistas secuestrados e desaparecidos en Iguala, o masacre, esta vez en Oaxaca, ten nomes e apelidos, e sempre terminan nese personaxe ao que impudicamente algúns mandatarios do continente seguen cualificando de demócrata “”: Enrique Peña Nieto.
• OPINIÓN - Ruth Toledano

    O reputado xornalista do The Guardian Owen Jones levantouse o outro día, en plena entrevista, dun estudio de Sky News onde dous dos seus colegas de profesión negaban a natureza homófoba do recente atentado no club gai de Orlando. Largouse visiblemente indignado, como o estamos todas as persoas con dous dedos de fronte ante o negacionismo que tivemos que soportar tras o masacre do Pulsar.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - CEPREA
    O pasado día 22 realizouse unha nova reunión da Comisión para a Elaboración do Plan de Racionalización das Estruturas Académicas. Lonxe do alto grao de hostilidade de reunións anteriores, nesta ocasión a Comisión tomou os acordos que se xuntan e que a Secretaría Xeral fixo público o pasado xoves a través das listas de distribución.
 UNIVERSIDADES - TAXAS
    O Consello Galego de Universidades decidiu, por unanimidade, na reunión do día 8 de xuño conxelar os prezos públicos de matrícula tanto de graos como de mestrados para o curso 2016/2017. O Consello da Xunta de Galicia, na reunión realizada o día 23 de xuño, ben de adoptar a decisión de referendar ese acordo.
 PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
    Porque a mediados da segunda década do terceiro milenio, estamos nunha guerra polo control dos recursos públicos. O botín; O control duns 40.000 millóns de euros anuais que as administracións públicas locais adican para a prestación de servizos básicos a veciñanza. Na xestión pública, transparente e participativa, o aforro medio respecto da xestión privada está entorno a un 30%.
 CRTVG
    23 de xuño. Non é o habitual, pero desta volta a noticia está na redacción da CRTVG. As compañeiras e compañeiros apoiados polo Comité Intercentros protestaron contra a manipulación que se fixo na cobertura das grabacións no Ministerio do Interior.
 ELVIÑA NON SE VENDE - STOP DESAFIUZAMENTOS
    Xa pasou máis de ano e medio daquel 27 de novembro de 2014, no que a veciñanza de Elviña co apoio dos movementos sociais da cidade, pelexamos para evitar a barbarie do desafiuzamento de Varo e Isa; e a Subdelegación acaba de ratificar as 17 multas que nos puxeran por un total de máis de 7000€, polo que nos vemos na obriga de pagalas se non queremos ser embargadas.
 CRISE ESTAFA
    Aínda que Rajoy xa dicía en 2014 que a crise era historia do pasado, non hai estatística sobre pobreza ou precariedade onde España non encabece as primeiras posicións. Lonxe das cifras macroeconómicas, estes datos mostran a realidade da rúa. Unha parte da sociedade, cada vez máis crecente, vítima da falta de emprego e a precariedade laboral. E, o peor, xa non é algo puntual da crise. É o resultado de non aplicar medidas que palíen estas tendencias.
 A CLASE OBREIRA FRANCESA NON SE RENDE
    O goberno francés retrocedeu na súa posición de impedir as manifestacións sindicais e admitiu o dereito dos traballadores para marchar este xoves polas rúas de París contra a reforma do Código de Traballo.
 LINGUA
    Plataforma per la Llengua sinala que as 8 normas legais aprobadas abranguen desde o uso obrigatorio do español en licenzas deportivas até etiquetaxe de produtos.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        A DESRATIZAR!

         
          HORARIO DE VERÁN

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript