Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 320 - 20/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  SOS SANIDADE PÚBLICA
 

SOS Sanidade Pública ante as novas medidas de desmantelamento da sanidade pública galega

O pasado día 16 realizáronse, nas principais ciudades e vilas de Galiza concentracións convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública para protestar contra as medidas do goberno de Feijoo coas que se está a levar adiante o desmantelamento da sanidade pública galega.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

1º.- Este verán o SERGAS pechará 1.200 camas hospitalarias, 746 camas máis que no ano 2009 cando se pecharon 454. Como nestes anos recortáronse 723 camas públicas. O peche estival paso do 5,7% do total de camas no ano 2009 ao 16,5% (65,4% máis). Esta decisión é incompatible cunha atención de calidade e contribuirá a incrementar aínda máis unhas listas das listas de espera, que creceron de 70 días en decembro do 2008 a 78,8 en decembro do 2015 (19 días máis que os 60 que establece como tope máximo a Lei de Garantías Sanitarias de Galicia) e favorecerá novos desvíos de pacientes a centros sanitarios privados.
  

Camas públicas

Peche de camas verán

% camas pechadas verán

2009

7.973

454

5,70%

2010

8.010

580

7,20%

2011

8.010

670

8,40%

2012

7.765

780

10,10%

2013

7.581

932

12,30%

2014

7.563

1.095

14,50%

2015

7.501

1.200

16%

2016

7.250

1.200

16,50%

Diferencias 2009-2016

723

746

65,40%

 
2º.- A decisión de non cubrir as prazas de profesionais de vacacións nos Centros de Atención Primaria provocará, novamente, aumentos máis demoras nas consultas (nalgúns centros superan a semana), a anulación de citas ou ata a pechadura de consultas. Como en Galicia o 40% dos cupos de Primaria esta masificado ao superar as 1.400 cartillas individuais, estes recortes reducirán aínda máis a capacidade resolutiva e a calidade da atención primaria e contribuirán a conxestionar os servizos de urxencias (1 de cada 3 galegos acode anualmente a estes servizos), xerando así unha espiral de deterioro de todo o sistema, moi afectado polas xubilacións forzosas e a amortización das vacantes xeradas. Os recortes das plantillas incrementan o desemprego na sanidade, e empuxa a migrar a outros servizos de saúde e a Europa do persoal altamente cualificado.
 
3º.- En Vigo, por primeira vez na historia do sistema público galego privatizouse o financiamento e xestión dun Complexo Hospitalario, que esta sendo acompañada polo desmantelamento do Hospital do Meixoeiro que teñen por finalidade favorecer e prolongar o Concerto Singular coa clínica privada POVISA.
 
Desde a Plataforma SOS Sanidade Pública facemos un chamamento á poboación de todas a Galicia e aos profesionais que traballan nos centros sanitarios do SERGAS a mostrar a súa indignación e rexeitamento co:

  • Peche de camas hospitalarias no verán
  • A non cobertura das vacacións nos Centros de Saúde
  • Desmantelamento do Hospital do Meixoeiro
  • con concentracións e manifestacións fronte aos centros sanitarios, en colaboración coas Xuntas de Persoal de cada Área.

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript