Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 320 - 20/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADES - SENTENZA
 

O TSXG recoñece a relación laboral dun estudante contratado como bolseiro

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia establece na sentenza que «o trazo diferencial da bolsa como percepción é a súa finalidade primaria de facilitar o estudo e formación do bolseiro, e non a de incorporar os resultados ou froitos do estudo ou do traballo de formación realizado, ao patrimonio da persoa que a outorga».

 

  • Noticias relacionadas

 

 

A sentenza recoñece a relación laboral do bolseiro coa universidade e declara o seu cese como improcedente. Na sentenza fai fincapé en que «o problema reside na valoración da prestación do bolseiro no marco da propia actividade da entidade que concede a bolsa, porque se do correspondente exame obtense que a finalidade fundamental do vínculo non é a de contribuír á formación do bolseiro, senón obter un traballo necesario para o funcionamento ou a actividade de xestión do concedente, a conclusión é que a relación será laboral, se nela concorren as restantes esixencias do artigo 1.1 do Estatuto dos Traballadores ( RCL 1995, 997)".
 
Conclúese que  “Esta doutrina debe ser aplicada ao presente caso, e tendo en conta que o actor prestou servizos con desconexión total de finalidade formativa xa que os estudos que cursa son os de Grao en Administración e Dirección de Empresas -modificado feito probado primeiro- e as funcións que realiza, apuntadas no feito probado cuarto nada teñen que ver coa devandita formación e si cunha prestación de servizos encamiñada a atender e apoiar aos usuarios da aula de informática, así como colaborar no adecuado funcionamento e mantemento de equipos e programas e a súa configuración para usos docentes, prácticas e traballos dos alumnos, detectando avarías e incidencias e velando polo cumprimento das normas do uso da aula, así como participando nas tarefas de xestión da mesma, como o mantemento do inventario, con outro compañeiro, igualmente bolseiro, co que se poñía de acordo para a distribución das tarefas, recibindo por iso unha retribución e estando sometido ás instrucións e ordes que se lle puidesen dar polos correspondentes responsables para a realización das súas tarefas, sendo evidente que a súa actividade incorporábase á actividade propia da aula de informática, sen que exista indicio de ningunha actividade formativa concreta que se facilitase ao recorrente, polo que todas as tarefas obxecto da actividade encomendada ao actor son tarefas propias de traballo sen formación algunha.”
 
Sinálase na sentenza que “non haberá bolsa cando os servizos do bolseiro cobren ou satisfán necesidades que, de non levarse a cabo por aquel, terían que encomendarse a un terceiro, ou cando o suposto bolseiro se limita a realizar os contidos propios da esfera de actividade da entidade”.
 
A UDC debe tomar boa nota desta sentenza que se dita contra a Universidade de Santiago de Compostela para non reiterar este tipo situacións e non incorrer, como neste caso, en contratacións en fraude de lei.
 
Sentenza
 
Outra sentenza no mesmo sentido gañada por un bolseiro contra a Universidad de Alcalá
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript