Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 320 - 20/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS DE COIA
 

Os bancos incumpren a lei ao embargar prestacións inferiores ao Salario Mínimo Interprofesional

Nesta tolemia de sistema no que nos vemos obrigadas a movernos, estase a xeneralizar unha práctica abusiva e ilegal por parte dos bancos e entidades financeiras que consiste en embargar, reter e/ou compensar os saldos bancarios das persoas perceptoras de prestacións e axudas públicas, tales como RISGA, PNC, RAI…. por débedas daquelas.

 

  • Noticias relacionadas

 

A normativa aplicable1 a este tipo de ingresos resulta clara: esta clase de prestacións resultan inembargables, non só por seren de contía inferior ao Salario Mínimo Interprofesional (655 €) senón por constituírse en axudas supostamente destinadas a garantir a cobertura das necesidades máis básicas das persoas, cubrindo o chamado “mínimo vital”.
 
Os bancos son perfectamente coñecedores de que o que están a facer de maneira estendida resulta unha práctica non só inxusta e abusiva, senón, sobre todo, completamente ilegal. Porén seguen a insistir nela, a pesares das queixas das perceptoras das pensións.
 
Unha vez máis, volvemos a ser as de abaixo, as precarias e empobrecidas, as que sufrimos o abuso e inxustiza por parte das grandes empresas, ao servizo do capital, que son quen de infrinxir á lei e deixarnos na miseria, tan só por continuar enchendo os seus petos.
 
Ante isto, compre unha resposta conxunta pola nosa parte, por medio da cal podamos defender os nosos dereitos e denunciar publicamente estas prácticas perversas.
 
Para elo, dende a ODS confeccionamos un modelo tipo de reclamación, que haberá de presentarse na entidade bancaria en canto se produza a retención e no que se solicita o alzamento inmediato de embargo e a devolución dos cartos. E no que se lle lembra á banca a obriga que teñen, como o resto da cidadanía de cumprir a lei na súa actuación.
 
Contra a mercantilización das nosas vidas! Contra os abusos: información, defensa e denuncia!

--- 
[1] Artigo 607 da Lei 1/2000 de Axuizamento Civil.
Artigo 169.5 da Lei 58/2003 Xeral Tributaria.
Artigo 76.4 do Regulamento Xeral de Recadación.
Artigo 4 do Real Decreto-Lei 9/2015 de medidas urxentes para reducir a carga tributaria no IRPF.
Artigo 6.3 da lei 10/2013 da Inclusión Social de Galicia.
 
http://odscoia.arkipelagos.net/modules/file/icons/x-office-document.pngmodelo_devolucion_embargo_risga.odt
 
http://odscoia.arkipelagos.net/modules/file/icons/application-pdf.pngmodelo_devolucion_embargo_risga.pdf

 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript