Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 320 - 20/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  LOITA OBREIRA
 

Onda de folgas e protestas en toda Grecia contra o goberno Tsipras

Unha nova onda de folgas e protestas desenvolvéronse ao longo do pasado mércores en Grecia, como expresión do descontento fronte ás medidas antiobreras impostas polo Goberno de Alexis Tsipras .

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Ao longo da xornada tiveron lugar paros na sanidade e no transporte público. Con motivo dunha folga de 24 horas, os hospitais públicos e centros de saúde só ofreceron servizos mínimos.
 
Os traballadores da sanidade esixen un financiamento adecuado do sistema sanitario, a contratación de persoal permanente, dignidade científica e profesional para os mozos médicos e unha sanidade pública gratuíta. Ademais, protestan contra os recortes de ata un 50% nas súas pensións complementarias.
 
O transporte público de Atenas , pola súa banda, realizou un paro de catro horas que empezou ás 12:00 hora local e afectou as liñas de metro, tranvía e aos trens de proximidade.  As protestas diríxense contra os plans de incluír o transporte público no superfondo de privatización acordado entre o Goberno de Alexis Tsipras e as institucións neoliberais do Fondo Monetario Internacional (FMI), a Comisión Europea (CE) e o Banco Central Europeo (BCE). Ademais, os traballadores do transporte público protestan contra os atrasos que está a haber na firma do seu convenio colectivo. Os paros no transporte urbano continuarán puntualmente nos próximos días.
 
Por outra banda, a Federación de profesores tamén está en folga en protesta contra a escaseza de persoal docente. Tamén os estibadores do porto do Pireo continúan en folga, para reivindicar garantías laborais á vista da privatización dos portos.
 
Canarias Semanal

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript