Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 320 - 20/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  MAREA PENSIONISTA EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS
 

Que estamos a facer?

A Marea Pensionista de Catalunya é un movemento social xurdido a partir do ano 2013 para defender o Sistema Público de Pensións ameazado polas sucesivas contrarreformas promovidas pola Unión Europea e aplicadas polos gobernos do Estado que tivemos nos últimos anos.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Agora, ante a práctica liquidación do Fondo de Reserva da Seguridade Social por parte do goberno do PP e a campaña de intoxicación dos seus medios  afíns poñendo en cuestión a viabilidade do Sistema Público de Pensións, a Marea Pensionista de Catalunya iniciamos unha campaña de sensibilización nas empresas informando a traballadoras e traballadores dos perigos que se cernen sobre  o futuro de Sistema Público de Pensións. E estamos a construír a marea  en barrios e pobos,  en Catalunya e noutras comunidades do Estado.
 
Tamén  a Marea Pensionista presentou ante todos os Partidos Políticos con representación parlamentaria no ámbito de Catalunya a seguinte proposta para reverter as últimas contrarreformas.
 
    Recuperación do poder adquisitivo das pensións empezando por recuperar o 1,9% perdido en 2012, e acabando por reimplantar un modelo de revalorización automática en relación ao IPC.
 
    Derrogación de todas as reformas laborais e de pensións a partir de Xuño de 2010. Xubilación aos 65 anos.
 
    Dereito ás subministracións básicas garantidas (auga, luz, gas).
 
    Eliminación de todo tipo de cooperación ou re-pago.
 
    Contra a privatización dos servizos públicos que atenden á xente maior.
 
    Defendemos avanzar cara a un modelo de pensión e salario mínimo por riba dos 1000 €.
 
    Con independencia de fortalecer as cotizacións sociais (eliminar os topes de cotización, incorporar variables respecto da produtividade, eliminar as tarifas planas, revisar exencións etc.) o financiamento debe estar garantida por lei que obrigue aos orzamentos xerais o Estado para asignar para o efecto as partidas que coxunturalmente sexan necesarias para pagar as pensións.
 
    Incorporar ao réxime xeral da Seguridade Social ás/ós traballadoras/es do fogar, con todas as consecuencias, incluída a prestación por desemprego e a cobertura de lagoas de cotización que chega a representar ata un 38,10% menos da pensión que antes da Reforma de 2011.
 
De todos os partidos que lle enviamos as nosas propostas soamente a CUP apoia na súa totalidade  e Unidos Podemos, aceptaron incorporar os nosos puntos ao seu Programa, excepto na fixación dunha pensión e dun salario mínimo por encima dos 1000 €.
 
Adriana Beidenägl e Juan Montero membros de Maréaa Pensionista de Catalunya
 
Kaosenlared

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript