Número 320 - 20 de xuño de 2016
 
 

UNIVERSIDADE

A voltas coa Oferta de Emprego Público 2016

O pasado día 14, como vos sinalamos no anterior PASquín a Xunta de Persoal tivo unha “acalorada” reunión co xerente, na que se lle puxo de manifesto, unha vez máis que a proposta remitida pola Xerencia incumpre os acordos acadados cando se negociou a OEP de 2015 e o acordo de promocións na escala de bibliotecas.

 UNIVERSIDADE
    Como facemos desde o luns, día 8 de xuño a Alternativa de PAS Asemblearia manterá aberto o local que se lle asignou no Centro Universitario de Riazor (CUR), este luns desde as 19 até as 21 horas. Abrimos o local coa finalidade de recibir ás traballadoras e traballadores que desexen comunicarse con nós.
CURSOS DE LINGUA GALEGA

    No Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño de 2016, publicouse a Resolución do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

SOS SANIDADE PÚBLICA

    O pasado día 16 realizáronse, nas principais ciudades e vilas de Galiza concentracións convocadas pola plataforma SOS Sanidade Pública para protestar contra as medidas do goberno de Feijoo coas que se está a levar adiante o desmantelamento da sanidade pública galega.

SANIDADE PÚBLICA?

    O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, nunha mostra de cinismo propia do goberno ao que representa ven de facer unhas declaracións nas que sinala que non é que non se queira contratar persoal para cubrir as vacacións das traballadoras e traballadores do Sergas asunto ben sendo que “en moitas ocasións hai problemas para contratar médicos porque non hai suficientes”. Dentro da deriva dialéctica usou tamén a peregrina argumentación de que "peche de camas é un termo incorrecto", dado que "as camas sempre están onde teñen que estar" OLÉ!!!!!.

 REGANOSA
    Desde Ártabra 21, chamamos ao Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol e a todo o movemento opositor á planta regasificadora, para que, neste último e perigoso tramo -de máis de 16 anos da duración da travesía, non se baixe a garda e se reforce a atención en todos os frontes, de resistencia e ofensivos, contra o despropósito gasista ilegal e perigoso que representa Reganosa, instalada no corazón da nosa Ría, só posíbel con corrupción política e económica.
 LOITA OBREIRA
    A historia repítese unha e outra vez. Ensínanos, por exemplo, que cando as clases dominantes se ven acosadas polas clases populares, o Estado que as representa reacciona violentamente contra estas últimas. Non é esta unha situación nova. Produciuse en innumerables ocasións ao longo da historia dos séculos. Outra cousa é que esquezamos estas ilustrativas leccións tantas veces como se produciron.
 LOITA OBREIRA
    Unha nova onda de folgas e protestas desenvolvéronse ao longo do pasado mércores en Grecia, como expresión do descontento fronte ás medidas antiobreras impostas polo Goberno de Alexis Tsipras .
 MAREA PENSIONISTA EN DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS
    A Marea Pensionista de Catalunya é un movemento social xurdido a partir do ano 2013 para defender o Sistema Público de Pensións ameazado polas sucesivas contrarreformas promovidas pola Unión Europea e aplicadas polos gobernos do Estado que tivemos nos últimos anos.
• OPINIÓN - Ignacio Escolar

    É unha técnica bastante habitual de branqueo, chámana “compensación”. Require de dous personaxes, por desgraza, moi fáciles de atopar. Dun lado, un político corrupto: alguén que cobrou unha mordida en billetes grandes, nunha caixa de zapatos ou nun maletín.

    
  •   
 
 UNIVERSIDADE - CEPREA
    Despois de que na anterior etapa a súa labor fose boicoteada polos intereses corporativos do PDI a Comisión para a Elaboración do Plan de Racionalización das Estruturas Académicas da UDC (CEPREA) retoma as reunións. Tanto na campaña electoral á Reitoría como na prensa destes días pasados o equipo de goberno manifestou que non se realizarán fusión de centros. A labor da Comisión limitarase, polo tanto, a abordar a posible fusión de departamentos.
 UNIVERSIDADES - SENTENZA
    A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia establece na sentenza que «o trazo diferencial da bolsa como percepción é a súa finalidade primaria de facilitar o estudo e formación do bolseiro, e non a de incorporar os resultados ou froitos do estudo ou do traballo de formación realizado, ao patrimonio da persoa que a outorga».
 FARMACÉUTICOS INSPECTORES DE SAÚDE PÚBLICA
    Os Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública desconvocan a folga indefinida que manteñen desde o día 18 de maio. Adoptaron esta decisión na asemblea realizada o pasado día 15 para que a Consellería de Sanidade non teña excusas e que convoque a mesa de negociación nun marco de normalidade laboral.
 FRANCIA EN LOITA
    O martes 14 de Xuño, foi unha xornada de loita en todo o territorio do Estado Francés, mobilizacións, folgas obreiras e estudantís, ... desenvolven-se desde hai días contra a política laboral, económica e social do Goberno Francés.
 OFICINA DE DEREITOS SOCIAIS DE COIA
    Nesta tolemia de sistema no que nos vemos obrigadas a movernos, estase a xeneralizar unha práctica abusiva e ilegal por parte dos bancos e entidades financeiras que consiste en embargar, reter e/ou compensar os saldos bancarios das persoas perceptoras de prestacións e axudas públicas, tales como RISGA, PNC, RAI…. por débedas daquelas.
 CRISE ESTAFA
    O desemprego, a pobreza e as desigualdades sociais na Unión Europea (UE) poderían profundar as diferenzas entre os seus membros e afectar o proxecto de integración do bloque, advirte un estudo da OIT.
 HAI TORTURAS
    A Coordinadora para a Prevención e Denuncia da Tortura presentou o informe anual sobre tortura, malos tratos e mortes baixo custodia de 2015. Os casos esborralláronse un 34% nun ano, especialmente sobre migrantes e no contexto de mobilizacións
 LINGUA - A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
    Santiago de Compostela 17-06-2016.- Con motivo da campaña electoral para as eleccións xerais do 26 de xuño, A Mesa solicita que todos os partidos que se presentan mostren un compromiso co galego para mellorar a súa situación pois queda moito para conseguirmos verdadeira igualdade e oficialidade real.
    CARTAS QUE RECIBIMOS

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

     

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   

 

     

       
        EVASORES MUNDI

         
          SERVOS DO CAPITAL

           
            Números anteriores
             
            De interese
            O sindicalismo de clase depende de tí
            CALENDARIO LABORAL 2010
            CALENDARIO LABORAL 2011
            CALENDARIO LABORAL 2012
            CALENDARIO LABORAL 2013
            CALENDARIO LABORAL 2014
            CALENDARIO LABORAL 2015
            CALENDARIO LABORAL 2016
            A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
             
            Sácalles a lingua  
             
            CONTRA O PACTO SOCIAL
            O XORNAL - información obreira
            O IMPERIALISMO NON PASARA!!
            NON AS NUCLEARES
            7 DE SETEMBRO, Festival da Cultura Proletaria

            cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript