Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 320 - 20/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  CURSOS DE LINGUA GALEGA
 

Convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

No Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño de 2016, publicouse a Resolución do 8 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

 

  • Noticias relacionadas

 

 

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser so­licitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria. O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
 
Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas, distribuídas en sesións de dúas horas cada día e como máximo de dúas horas e media. No caso dos cursos intensivos ou en casos excepcionais debidamente xustificados, a Secreta­ría Xeral de Política Lingüística poderá autorizar a realización de sesións con horario diferente.
 
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a tra­vés do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)
 
Ligazón
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript