Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 320 - 20/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  SANIDADE PÚBLICA?
 

Conselleiro de Sanidade: "As camas sempre están onde teñen que estar"

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, nunha mostra de cinismo propia do goberno ao que representa ven de facer unhas declaracións nas que sinala que non é que non se queira contratar persoal para cubrir as vacacións das traballadoras e traballadores do Sergas o asunto ben sendo que “en moitas ocasións hai problemas para contratar médicos porque non hai suficientes”. Dentro da deriva dialéctica usou tamén a peregrina argumentación de que "peche de camas é un termo incorrecto", dado que "as camas sempre están onde teñen que estar" OLÉ!!!!!.

 

  • Noticias relacionadas

 

Tratou de xustificar que o persoal non é tan necesario como noutras épocas do ano na diminución das patoloxías respiratorias.
 
O conselleiro de Sanidade rise dos traballadores que reclaman máis persoal e medios para atender dignamente aos doentes. Este cinismo insoportable e criminal referencia claramente o que a saúde da cidadanía lles importa a estes xestores sempre máis interesados en representar os intereses das corporacións que o das persoas

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript