Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 320 - 20/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 

 

Comprobado, facédelo mal
Chegastes e fixestes unha pequena revolución nas bibliotecas, acabastes con moitos anos de clasismo, enchestes o burato que separaba ás auxiliares técnicas de biblioteca do resto das subescalas, o que se nos vedou desde que nos funcionarizaron agora posibilítasenos, aínda que pola Xunta de Persoal pasou algunha persoa afectada non piou non fose a ser inconveniente cos grupos A1 e A2, ese importante asunto, xunto coa promoción, alporizou o galiñeiro. Por mín está todo ben feito, as persoas do grupo C1 non somos apestadas, moitas de nós estamos cualificadas e queremos progresar como noutras escalas. Para moita xente facédelo mal, para min, por primeira vez, imos camiño de ser un colectivo.

Cedemos, cedemos...
Sei que os tempos son complicados, nestes últimos tempos a situación pesou para que nos foran recortando dereitos en todos os eidos, no terreo doméstico, na nosa universidade, o anterior reitor conseguiu que cedésemos coa creación das Unidades de Apoio a Departamentos e Investigación (UADI) e as Unidades de Xestión Académica Integrada (UXAI), agora, este reitor, continúa arañándonos dereitos que, como pasa na sociedade coa sanidade, educación, pensións..., considerabamos permanentes aquí, na UDC, agora quéresenos recortar a carreira profesional, os concursos de méritos... Temos que decidir se seguimos cedendo como pasou en España coa reforma laboral, ou defendemos os dereitos como fan en Francia.

 

 

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript