Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 320 - 20/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  CRISE ESTAFA
 

A clase traballadora europea golpeada polo desemprego, pobreza e desigualdade social

O desemprego, a pobreza e as desigualdades sociais na Unión Europea (UE) poderían profundar as diferenzas entre os seus membros e afectar o proxecto de integración do bloque, advirte un estudo da OIT.

 

  • Noticias relacionadas

 

 

A Organización Internacional do Traballo (OIT) sinala na súa investigación que os resultados socioeconómicos da agrupación son diverxentes, e nalgúns casos coinciden coa deterioración dos seus indicadores.
 
Os datos relativos ao desenvolvemento social e ao emprego mostran que a crise financeira e económica do capitalismo incrementou a brecha entre ricos e pobres e deteriorou as condicións de vida dos traballadores e traballadoras.
 
En 2014, 122 millóns de persoas —o equivalente a toda a poboación de Alemaña e España— estaban en risco de pobreza ou exclusión social en Europa. Noutras palabras: un de cada catro europeos pásao realmente mal.
 
As cicatrices das receitas capitalistas son especialmente visibles na ribeira do Mediterráneo: os maiores incrementos dos niveis de poboación con risco de pobreza corresponden a Grecia (que pasou do 28% ao 36% desde 2008) e España (do 24,5% ao 29,2%), seguidas de Chipre, Malta, Hungría e Italia.

 
Librered

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript