NÚMERO 320 - 20/06/2016
CUTUDC / Novidades
O pasado día 14, como vos sinalamos no anterior PASquín a Xunta de Persoal tivo unha “acalorada” reunión co xerente, na que se lle puxo de manifesto, unha vez máis que a proposta remitida pola Xerencia incumpre os acordos acadados cando se negociou a OEP de 2015 e o acordo de promocións na escala de bibliotecas.
Despois dun airado abandono da reunión por
parte do xerente, a maioría da Xunta de Persoal
acordou dirixirse ao despacho do reitor para
reclamarlle a modificación da proposta de OEP para
que contemple os acordos sinalados anteriormente e
comentados nas asembleas.
Na reunión co reitor á que se incorporou o xerente,
o reitor fixo súa e defendeu a proposta xa
remitida, reiterando, de novo, o argumentario da
Xerencia que se cingue esencialmente a que a
universidade é unha fábrica de titulados que deben
ter a opción a se presentar ás prazas que requiran
as titulacións.
Despois dun extenso debate requiríuselles que, por
escrito, remitisen á Xunta de Persoal unha nova
proposta que incluíse o compromiso de que todas as
vacantes sairían a concurso de méritos.
A Xunta de Persoal, enviou a todo o PAS o pasado
venres, a nova proposta da Xerencia sinalando:
“Despois das reunións realizadas o pasado día 14,
primeiro co xerente e posteriormente co reitor e co
xerente, a Xerencia ven de transmitir a seguinte
proposta:
De acordo co tratado nas reunións na Reitoría,
proponse o seguinte texto para acordo, que se
instrumentaría mediante a correspondente addenda ao
Acordo sobre modificación parcial da RPT e
promoción profesional do PAS do 20 de novembro de
2015:
OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO CORRESPONDENTES AO
PERÍODO 2016-2020.
Unha vez establecido no Acordo do 20.11.2015 o
calendario para a execución de convocatorias de
promoción interna para o período 2016-2020, e co
obxecto de harmonizar a súa completa inclusión nas
correspondentes Ofertas de Emprego Público de cada
ano e o correcto equilibrio desta quenda coas
prazas vacantes que, conforme á lexislación xeral
de orzamentos de cada exercicio, se poidan ofertar
pola quenda de acceso libre nos diferentes grupos
de clasificación, establécese que en cada OEP do
período 2016-2020 reservarase un máximo do 25% das
prazas de acceso libre para o grupo A, ben para
subgrupo A1 ben para subgrupo A2, tanto da escala
xeral canto das escalas especiais, en función das
necesidades organizativas e da reposición das
vacantes procedentes do exercicio anterior, tras a
oportuna negociación coa representación do PAS.
Deste xeito, a quenda libre da OEP de 2016 contería
3 prazas para a escala administrativa C1 (1
reservada para persoas con discapacidade xeral) e 1
para a escala de axudantes de arquivos, bibliotecas
e museos A2.
Tal e como se comentou nas distintas mesas de
negociación e na reunión de onte, no vindeiro
concurso de méritos a convocar no mes outubro está
previsto incluír todos os postos vacantes da RPT,
agás os correspondentes ás prazas de Técnico/a de
Relacións Internacionais incluídas na OEP de 2015 e
pendentes de convocar. Este compromiso tamén se
podería incluír no texto de acordo proposto.
Saúdos,
O xerente.
A Xunta de Persoal reunirase o martes, día 21,
para analizar esta proposta.”
Seguiremos informando
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript