31/05/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Universidade da Coruña camiña cara a plena integración no Espazo Europeo de Educación Superior (Boloña).
ENLACES RELACIONADOS
Entrevista ao Vicerreitor de Cultura e Comunicación.
Entrevista ao
Coordenador da asocieación de estudantes IESGA.
Entrevista ao Presidente do Comité de Empresa
A
maioría do Comité (CUT) amósase
contraria a este proceso polo que implica de
mercantilización da Universidade, que, por esta
vía camiña, a unha paulatina privatización.
Neste contexto
a integración presupón unha competencia
constante entre universidades, polos recursos
económicos, polos mellores docentes, alumnos,
etc.
Un deses marcos
de competencia ábrese cando, anualmente, o
Ministerio de Educación convoca “O Programa
Campus de Excelencia Internacional” que baixo
unha teórica intención de mellorar a calidade,
especialización e a internacionalización, en
realidade o que se fai é abrir unha vía para o
financiamento.
Por esta via, o
ano pasado, a Universidade de Santiago ingresou
máis de 7 millóns de euros.
Esta
circunstancia non deixa de ter os seus perigos,
por un lado como por esta vía se acada un
suculento financiamento, córrese o perigo de
esquecer outras ramas de “coñecemento” que
quedan fóra do ámbito da especialización.
Por exemplo a
Universidade de Santiago co Campus da saúde e o
de Vigo, co campus do mar corren o perigo de
esquecer outros ámbitos da educación porque
estes rentabilizan económicamente.
Referíndonos ao
Campus que anunciou a nosa Universidade “Tecnoloxías
para a sustentabilidade económica, social e
ambiental”:
Sabemos que:
O proxecto de
Tecnoloxías para a sustentabilidade marca catro
obxectivos fundamentais:
1. Potenciar un polo de xeración, difusión e
transferencia de coñecemento en Tecnoloxías
para a sustentabilidade económica, social e
ambiental.
2. Desenvolver unha oferta de posgrao
interuniversitario e internacionalizado de
calidade, diversificado e sustentable.
3. Desenvolver, a través
do seu modelo de Campus
territorial, unha rexión urbana integrada
mediambientalmente responsable, dinámica e
aberta, ecosistema dunha sociedade creativa e
emprendedora.
4. Consolidar un sistema de xestión
universitaria dos recursos sustentable, con
mecanismos que aseguren a calidade e a
rendición de contas á sociedade.
Sabemos o que,
por carta, nos comunicou o sr. Reitor.
No Consello de
Goberno
do día 25 de febreiro de 2010 déusenos
conta aos membros do Consello de Goberno dos
acordos acadados polas tres universidades
galegas a respecto dos Campus de Excelencia
Internacional, informouse que a Universidade da
Coruña ía presentar o seu propio proxecto.
Uns meses
despois, e sen pasar polo Consello de Goberno
faise a presentación pública do Campus da
Sustentabilidade.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript