31/05/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O capitalismo sempre foi o sistema económico da barbarie e das múltiples dominacións: da clase obreira, dos pobos e da muller. Esta reflexión que defendemos en diversos foros os colectivos políticos que hoxe acompañamos ás centrais sindicais CUT e CXT na súa laboura sindical de promoción da Folga Xeral, ven de lonxe.
A crise xeral do sistema, de
raízame económico, abriu unha fenda profunda na
lóxica e no discurso neoliberal, que foi e é o
discurso hexemónico, logo de grandes
investimentos destinados a desaparecer da
escena social un discurso contestatario e
anticapitalista asentado na práctica política
concreta, e que a pequena escala viña a
demostrar a inviabilidade do proxecto
neoliberal.
Hoxe, se podemos dicir que esta crise ten unha
virtude, é a de escinificar o carácter voraz do
sistema económico actual. E de escenificalo en
Europa, onde a ideoloxía do Estado de Benestar
quixo agochar esta realidade por máis que
noutras xeografías o Capital nunca puido verse
enmarcarado.
Máis ca nunca, emerxen as lóxicas profundas dun
sistema que garante a desigualdade, a violencia
estrutural e a pobreza. Evidénciase a
voracidade do proxecto de acumulación da
riqueza da aristocracia mundial.
Hoxe, no campo do traballo, unha vaga de
recortes promovidos pola UE e participados polo
goberno central, poñen en risco os dereitos
laborais alcanzados logo de séculos de loita da
clase traballadora. O recorte das pensións, a
limitación da xubilación parcial e o incremento
da idade da xubilación, a redución do salarios
das traballadoras e traballadores públicos, a
suba de impostos son só o principio dunha serie
de reformas lexislativas que veñen a referendar
ou agravar unha realidade laboral na que os
despedimentos, os ERES, o traballo en precario,
o impago de salarios, a redución de dereitos
sociais ou unhas cifras de desemprego en
aumento constante dan conta de quen está a
pagar a crise.
As
amezas da patronal, os contratos lixo, a
inseguridade laboral, o impago de horas
extraordinarias, a intermediación das ETTs, o
emprego sumerxido, etcétera, aínda sendo común
para o conxunto do pobo traballador, agudízanse
para os traballadores e as traballadoras máis
novas. Isto, sen termos referido aínda a
situación das mulleres, que seguen a ter un
papel subalterno no eido laboral, coas
correspondentes discriminacións en canto a
salario e dereitos laborais, ao tempo que
seguen a proxectarse sobre este xénero as
consecuencias máis negativas da crise, pola súa
situación de dependencia ao recaír sobre as
mulleres o traballo doméstico.
Os
recortes que o brazo político do Capital está a
promover, vense acompañados dunha estratexia
homoxenizadora, que supón o recrudecemento das
agresión aos dereitos colectivos dos diferentes
pobos do mundo, alén da cota de soberanía que
exerzan realmente estes. Así, no caso galego,
nación colonizada, a desestruturación do seu
tecido produtivo, a aniquilización dos seus
máis importantes elementos identitarios (lingua,
cultura) forman parte da ofensiva dun Capital
que quer verse libre de fronteiras. E que
percura no contextos de crise económica a
lexitimidade necesaria para proceder a unha
asimilación silenciosa.
Este é o escenario político e económico que
soporta o pobo traballador no seu conxunto. E o
pobo traballador é hoxe o único actor dunha
necesaria resposta, que pasa nun principio pola
convocatoria dunha Folga Xeral xa longo tempo
postergada. Estamos certas e certos de que o
retraso irresponsábel na convocatoria da Folga
Xeral nos está a levar ás portas dunha reforma
laboral que de se dar, pode ser irreversíbel.
Facemos un chamado ás diferentes
centrais sindicais a facérense cargo da súa
responsabilidade na agudización desta ofensiva
e escenificamos hoxe aquí a necesidade
imperiosa de que o pobo traballador galego tome
as rúas para defender os seus dereitos.
TODOS Á FOLGA O DÍA 8!.
FOLGA XERAL XA!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript