31/05/2010
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Na casa do ferreiro, coitelo de pau. Nos consultorios dos mesmos "médicos" que receitan a España o recorte de salarios dos funcionarios, a conxelación das pensións ou o atraso na idade de xubilación (entre outras medidas) ninguén probou esa medicina.
As condicións
das que gozan os empregados e, sobre todo, os
altos cargos dos organismos internacionais
económicos son coñecidas pola súa excepcional
xenerosidade, e non hai ningún sinal de que
teñan intención de apertarse o cinto en tempos
de crise.
O Fondo
Monetario Internacional (FMI), o organismo co
que os anónimos mercados se identifican por
antonomasia; a Organización para o
Desenvolvemento e a Cooperación Económica
(OCDE), o club de países ricos; o Banco Central
Europeo (BCE), que clama pola contención
salarial, e a Comisión Europea (CE) que impuxo
a España o recorte no gasto, tratan os seus
funcionarios co máximo mimo e nin
mencionan as conxelacións salariais.
Os seus
soldos páganse coas achegas de todos os estados
membros, como España e outros, e polo tanto,
dos contribuíntes. O Banco de España, tamén un
coñecido apóstolo do axuste do gasto, tampouco
fixo sacrificios de portas para dentro.
Os funcionarios do FMI e a OCDE
non pagan impostos polos seus salarios
A escala retributiva destes
organismos é, de partida, elevada. O salario
máis baixo que paga o FMI, que é o que paga aos
choferes, vai dos
30.260
dólares aos
45.380
(unha media de máis de
30.000
euros). En
España, un condutor do Parque Móbil do Estado,
apenas supera os
17.000
euros de
salario base. Coa diferenza, ademais, de que os
salarios do FMI son sempre libres de impostos
grazas aos acordos internacionais.
Os soldos
dispáranse conforme crece a
cualificación
profesional. Un contable xa pode chegar aos
87.000
euros en
Washington, e no caso dos cargos de máis
responsabilidade as remuneracións son
estratosféricas.
No FMI, un
xefe pode chegar a gañar entre
140.000
e
275.000
euros
limpos, e contar as axudas á vivenda e ás
familias aparelladas a estas retribucións.
No caso da
OCDE, o salario base dun director, que é de
132.000
euros
anuais, complétase cunha axuda mensual para a
casa de
660
euros máis
outros
303
euros por
fillo menor. Se ademais non se ten a
nacionalidade francesa (a sede está en París),
págase un extra por expatriado,
que é de
1.540
euros para
os solteiros e de case
2.000
euros se se
ten familia.
Ademais, as
axudas familiares e outros extras son
importantes
As axudas
familiares son unha gratificación recorrente
nestas institucións, e o Banco de España tamén
as concede. O regulador bancario español, que
insistiu moitas veces na necesidade de conter o
gasto, e que aplaudiu a eliminación dos
2.500
euros do cheque-bebé, ofrece aos seus
empregados un complemento de
991,14
euros
anuais como axuda familiar, aínda que non se
teña descendencia.
Se ademais se
teñen fillos, súmanse outras prestacións, que
aumentan
coa idade de cada un dos descendentes: entre
947
euros
anuais, que é a axuda para os bebés, ata
1.821
euros por
fillo en idade universitaria.
Ademais, o
convenio colectivo da entidade fixou en
2008
que no
suposto de que un dos fillos teña un grao de
minusvalidez superior ao
65%,
poderán seguir percibindo esta axuda máis alá
dos
25
anos, colaborando así no apoio das
familias
con dependentes.
O convenio do
Banco de España inclúe un alto número de
medidas para a conciliación familiar (horario
de
O FMI permite
a xubilación a partir dos
50
anos cun
mínimo recorte
Si as teñen os
funcionarios da OCDE, que se xubilan aos
63
anos, e o FMI, que en
2007-2008
creou un
programa de baixas incentivadas no que se
permite aos seus empregados retirarse con
50
anos e unha
pequena mingua na súa pensión.
Na Comisión
Europa, o órgano de xestión da UE que aplaudiu
a decisión de España e Grecia de elevar as
idades
legais
de retiro dos seus traballadores, tamén hai
privilexios rechamantes. Segundo o momento e a
idade de ingreso no corpo, o dereito á pensión
adquírese entre os
60
e os
62
anos.
Os
funcionarios europeos teñen, ademais, moi
interiorizada a defensa da revalorización dos
seus salarios.
Os
27
gobernos da
UE libran, dende hai meses, unha guerra a conta
do soldo dos empregados comunitarios e o
presuposto total para o ano que vén. En xaneiro,
os
27
rexeitaron a suba prevista dun 3,7% no soldo
dos funcionarios
para este ano e deixárona na metade, o
1,85%.
A Comisión
Europea, xunto á Eurocámara, recorreron a
decisión ante o Tribunal de Xustiza
comunitario, pedindo un procedemento abreviado
que os xuíces non concederon. Á espera da
decisión, os
27
embarcáronse noutra
loita: a de
rebaixar o aumento do presuposto comunitario.
Fontes
diplomáticas francesas aseguraron a Público
que "é
inexplicable que, en plena crise e recortes do
déficit, cando máis esforzo facemos os países
membros, as institucións conten con máis
recursos que nós financiamos". Só en custos
administrativos (que inclúen salarios, pero
tamén outros gastos), o conxunto das
institucións comunitarias ten previsto gastar o
ano que vén
8.000
millóns, un
4,4% máis
que este ano. "Por unha parte, o Tratado de
Lisboa crea máis institucións, que necesitan
funcionarios e instalacións", asegura Patrizio
Fiorilli, voceiro comunitario de Presupostos.
Os empregados
da Unión Europea reivindican unha alza salarial
do
3,75%
A elevada indemnización por
despedimento en España foi unha das críticas
recorrentes das institucións económicas. Non
obstante, as súas regulacións internas tamén
contemplan estes supostos. O BCE paga ata
12
mensualidades (un mes por ano traballado) por
un despedimento ante mal desempeño reiterado no
posto de traballo concede ata dous anos de
desemprego.
Tamén se advirten paradoxos no uso abundante de contratos temporais, criticados na doutrina oficial e practicado internamente, sobre todo no caso do BCE e a OCDE. Este último organismo ten en plantilla máis traballadores temporais (1.484) que fixos (1.000). -
HIPÓCRITAS
A punta do
iceberg dos xenerosos soldos dos organismos
internacionais, públicos en tanto en canto se
financian con achegas estatais, son os dos seus
directores ou presidentes. Dominique Strauss-Kahn,
director xerente do FMI,es o que
ten o soldo máis elevado no circuíto
internacional,
con
441.980
dólares de salario que se complementa con
79.000
dólares para gastos. En total,
420.000
euros, libres de impostos.
Segundo o seu
contrato, tamén recibirá vantaxes para o plan
de pensións, do que poderá cobrar ata o 50% das
súas achegas se está dous anos no cargo.
Ademais, non corre perigo de perder poder
adquisitivo, como sucederá este ano á maior
parte dos traballadores en
España,
xa que o seu soldo se actualiza cada xullo
segundo a inflación media que se rexistre en
Washington.
Os perigos da
indexación de salarios (a súa vinculación á
inflación) foi un dos principais argumentos do
presidente do Banco Central Europeo (BCE), Jean
Claude Trichet, que, non obstante, se subiu en
2009 un 2,5% o salario cando a inflación foi do
0,9% de media na zona do euro.
Trichet cobrou
o ano pasado
360.612
euros e no BCE declinan comentar cal é o seu
soldo este ano. Aínda que non tivese subido,
cobraría
case cinco
veces máis que o presidente Zapatero despois do
axuste do 15% do seu salario, do que lle
quedarán
78.185
euros.
O soldo do gobernador do Banco
de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, é
segredo "por tradición", segundo din na
institución, informa Virxinia Zafra.
É un dos poucos cargos públicos que non son
transparentes co seu salario, malia que é unha
das súas recomendacións ás entidades que
regula.
O presidente da Comisión
Europea, José Manuel Durão Barroso, tamén ten
un
folgado
soldo (ao
redor de
370.000
euros de salario base brutos). Ademais, pode
retirarse aos
60
anos cun coeficiente redutor do 0,7% e pode
chegar ata o 70% do seu último salario.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript