Maio de 2010
 
 

31/05/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Galicia convértese na autonomía que máis paro xerou no inicio de 2010

 

 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, prometera na súa campaña electoral acabar coa crise en Galicia en 45 días. Porén, os números non cadran. Pasaron xa máis de 400 xornadas e as cifras económicas galegas seguen sen invitar ao optimismo. Desta vez, son as estatísticas de desemprego as que devolven á realidade o Executivo.

 


 

 

Perdéronse 41.800 empregos nos tres primeiros meses do ano, o que representa a destrución dun 3,7% dos postos de traballo do país.

Os datos deste primeiro trimestre evidencian un comportamento moito peor en Galicia que o que se deu no conxunto do Estado, tanto en termos de destrución de emprego, coma de incremento do paro. Pero é máis, as cifras sitúan a Comunidade galega como a peor as estatísticas poñen a Galicia “no último nivel de todas as Comunidades Autónomas”.

O primeiro trimestre de 2010 convértese nun período negro para o emprego en Galicia, xa que en só tres meses o paro medrou en máis de 32.000 persoas, ata acadar unha cifra superior aos 200.000 parados. Trátase dun dato terriblemente negativo, posto que dende o ano 98 non se superaba o límite dos 200.000 empregados.

Pero non só as cifras de paro rexistrado amosan a tendencia negativa galega, senón que, segundo os datos extraídos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), o mercado laboral de Galicia revela a súa debilidade. Así, xa o ano 2009 pechou cuns índices de ocupación negativos, converténdose no primeiro período no que Galicia perdeu ocupación dende 1992. o ano 2009 pódese caracterizar como o ano da crise no emprego.

Porén, as cousas mesmo empeoraron co inicio de 2010. A evolución do emprego en Galicia no primeiro trimestre é moi negativa, de feito, son os peores datos trimestrais dende que se iniciou a crise. “Aínda máis, os 41.800 empregos destruídos en Galicia son, posiblemente, o peor dato dende que existen as estatísticas”, sinala o informe. E é que a caída do emprego (3,7%) triplica a media estatal, que se sitúa no 1,3%.

De continuar este ritmo de destrución os efectos serán terroríficos, aínda que non vai suceder. Con todo, serán necesarios, polo menos, tres ou tres anos e medio para recuperar os postos perdidos. En canto á diferenciación por categorías laborais, destaca a destrución de contratos temporais, polo que o axuste do emprego se está a facer sobre os sectores máis débiles e desprotexidos da sociedade.

Outro dos puntos transcendentes é o incremento das regulacións de emprego (ERE), que medrounun 350%.

 

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript