Maio de 2010
 
 

31/05/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Todos/as á folga!

 

 

Para a CUT, o referendo outorgado no Congreso, o xoves, ao Real Decreto de medidas de aforro presentado polo PSOE, representa un ataque á negociación colectiva e aos dereitos adquiridos do persoal do sector público.

 


 

Non é aceptable, nun estado de dereito, que os acordos laborais se poidan anular ou modificar como o fixo o goberno español. Por outra banda, a CUT fai responsables desta nova agresión a todos aqueles grupos políticos que ben votaron a favor ou se abstiveron na votación (tamén queremos deixar constancia de que este rexeitamento non supón, de ningún xeito, apoiar as políticas que se propoñen desde o PP que, en xeral son as mesmas posto que, en ámbolos dous partidos quen as ditamina son o FMI e os grupos económicos de poder).

 

As 2.500.000 persoas que traballamos nos servizos públicos (universidade, educación, sanidade, bombeiros, servizos sociais, atención á cidadanía, transportes públicos, administración autonómica, local, facenda, seguridade social.....) sufrimos, desde hai anos, unha política de contención salarial que, en termos xerais, supuxo unha perda de poder adquisitivo de 14,6 puntos desde 1991. Agora, rebáixasenos unha media do 5% o próximos sete meses de 2010 e todo o ano 2011. E todo isto, cando a crise non foi xerada polos salarios nin do sector privado nin do sector público senón pola especulación, o investimento en capital risco ou por unha mala xestión financeira dos que, a pesar da crise, continúan gañando diñeiro.

 

Ademais, esta redución dos salarios no sector público afectará directamente ao consumo. A redución da demanda suporá, sen dúbida, unha redución da produción das empresas e máis paro no conxunto dos sectores da produción e no sector de servizos posto que 2.500.000 persoas e as súas familias limitarán o seu consumo. Todas estas medidas tamén afectarán á próxima negociación salarial no sector privado que seguirá a tendencia do público. De feito, a CEOE esixe que as reducións salariais se apliquen na negociación colectiva do sector privado.

 

Ante este panorama, a CUT fai un chamamento ás empregadas e empregados públicos a participar en todas as medidas de presión acordadas polos sindicatos e na xornada de folga do próximo día 8 de xuño de 2010. Tamén fai un chamamento ao conxunto da cidadanía para que manifeste a súa oposición a todas estas medidas participando activamente nas accións convocadas.

 

Temos que defender na rúa o que o poder económico e político nos quere arrebatar desde os despachos!.

 

TODOS Á FOLGA O DÍA 8!.

 

FOLGA XERAL XA!

 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript