Maio de 2010
 
 

24/05/2010

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE

 

Colaboracións

 

 

Máis colaboracións.

 


 

 

Estannos a estafar a todos coa recesión
Ao principio chamábana crise e agora é a gran recesión. En realidade trátase dun engano global.
No primeiro acto baleiraron a caixa dos bancos ata impedir a circulación de diñeiro.
Daquela asustáronnos, e tremendo asistimos ao segundo acto: o transvasamento de billóns e billóns das arcas dos estados, ou sexa, o noso diñeiro, aos bancos. Ningún economista discrepou.
Coas arcas dos estados baleiras e as dos especuladores cheas, faltaba o terceiro acto. Hai que encher as arcas do Estado de novo, a débeda é insostible. E témolo que facer nós, os desplumados, porque, agora nolos recordan, vivimos por enriba das nosas posibilidades.
En realidade queren asustarnos de novo para que nos apertemos o cinto, reducindo o gasto sanitario, por exemplo, e así, encher de novo as arcas dos estados, rápido, sen molestar, en silencio. A coda final para que pronto poidan empezar de novo con outro engano. O peor é que seguro que os deixamos.

Os impopulares e denostados funcionarios
Está claro que os funcionarios somos un gremio, ademais de distinto, deostado, envexado e criticado. Non adoitamos caer ben, é un feito. O que quizais non sabe tanta xente é que moitos de nós estudamos lustros, mesmo décadas, para conseguir un posto de traballo que ninguén nos regalou, para ter que aguantar o sambenito de ter moitas vacacións e moi pouco afán de superación, para que moita xente non sinta ningunha empatía cara ao esforzo diario que realizamos.
Son profesora de Secundaria, un traballo precioso, moi agradecido e que (por agora) me encanta.
Custoume uns cantos anos de estudo telo, pero o mesmo esforzo que eu realicei está ao alcance de todos, sen amiguismos nin enchufes.
Entendo que en tempos como este hai medidas inevitables, pero por que teñen que ter como obxectivo os traballadores? De verdade pensan saír da crise así? Canto cobrará un ex deputado de pensión? Que porcentaxe de impostos debe pagar un millonario deportista? Canto da miña baixada salarial vai axudar a banqueiros en apuros?
Medidas como esta só fomentan o populismo da dereita neste país. Vexan como estamos en Madrid...

Contra a crise: conciencia de clase
Ata cando imos seguir sendo a carne da que se alimenta o sistema máis inxusto? Reflexionemos e armemos as nosas conciencias coas ferramentas que nos foron dadas polos que pensaron outro modelo social onde ninguén tería máis dereitos nin privilexios, nin podería apropiarse do esforzo de ninguén. En definitiva, un modelo social onde a igualdade predominaría.


Alguén dixo que nesta loita os obreiros só tiñan unha cousa que perder: as súas cadeas.
Comecemos por afrouxalas para desterralas das nosas vidas.




 

 

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript