NÚMERO 319 - 13/06/2016
CUTUDC / Novidades
O Diario Oficial de Galicia núm. 107 do 7 de xuño de 2016 recolle a Orde 27 de maio de 2016 pola que a Consellería de Facenda regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 26 de xuño de 2016 polo Real decreto 184/2016, do 3 de maio, de disolución do Congreso dos Deputados e do Senado e de convocatoria de elección.
Na Orde
reflíctese, entre outras cousas:
“O persoal ao servizo da Administración pública de
Galicia que teña previsto que na data da votación
non se atopará na localidade onde lle corresponde
exercer o seu dereito ao voto, ou que non poida
exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións,
disporá, no seu horario laboral, de ata catro horas
libres para que poida formular persoalmente a
solicitude de certificación acreditativa da súa
inscrición no censo, que se recolle no artigo 72 da
Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime
electoral xeral, así como para a remisión do voto
por correo.”
“O persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas
electorais e as/os que acrediten a súa condición de
interventoras/es teñen dereito, durante o día da
votación, a un permiso retribuído de xornada
completa se non desfrutan en tal data de descanso
semanal, e a unha redución da súa xornada de
traballo de cinco horas o día inmediatamente
posterior.”
“Os que acrediten a súa condición de apoderadas/os
teñen dereito a un permiso retribuído durante o día
da votación, se non desfrutan nese día de descanso
semanal.”
“O persoal ao servizo da Administración pública de
Galicia que se presente como candidata/o ás
eleccións que terán lugar o vindeiro 26 de xuño
poderá ser dispensado, logo da súa solicitude, da
prestación do servizo nas súas respectivas unidades
durante a campaña electoral; é dicir, desde as cero
horas do venres 10 de xuño de 2016 ata as vinte e
catro horas do venres 24 de xuño de 2016. A
competencia para a concesión do referido permiso
corresponderalle á secretaría xeral técnica de cada
consellería.”
Orde de 27 de maio de 2016
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript