Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 319 - 13/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  UNIVERSIDADE
 

Oferta de Emprego Público 2016

Segundo o sinalado nas asembleas a Xunta de Persoal dirixiuse ao xerente para instarlle a cumprir o pactado ao respecto da Oferta Pública de Emprego, na comunicación enviada requiríaselle que a resposta se realizase antes do luns. O venres o xerente convocou unha reunión da Mesa negociadora (é unha reunión entre a Xerencia e a Xunta de Persoal) para o martes día 14 ás 10:00 horas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Debido á falta de resposta a Xunta de Persoal, o venres, día 10, convocara unha rolda de prensa para denunciar a situación e sinalar o camiño que ía emprender. Dadas as circunstancias, quedou postergada á espera da reunión do día 14.
 
Na última reunión realizada a Xunta de Persoal decidiu esgotar a vía do diálogo antes de utilizar outras opcións (nós participamos desa decisión) polo tanto agardamos saber o que nos comunique o xerente para adoptar as determinacións que corresponda.
 
Manterémosvos informad@s.
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript