Xuño de 2016
 
 

NÚMERO 319 - 13/06/2016

   CUTUDC / Novidades

  FARMACÉUTICOS INSPECTORES DE SAÚDE PÚBLICA
 

Os Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública aceptan a negociación que ofrece a Consellería de Sanidade

Nun comunicado de prensa difundido o día 8 de xuño, os Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública sinalan que agardan que a Consellería de Sanidade sinale a data para iniciar a negociación e, como mostra de boa vontade, “acordan desconvocar tódolos actos de protesta e reivindicacións previstos, desde hoxe mesmo, así como suspender a folga mentres dure o proceso de negociación.”

 

  • Noticias relacionadas

 

 

No comunicado sinalan que “consideran positivo que desde a Dirección Xeral de Saúde Pública se fixese o esforzo por abrir un cauce de interlocución, co obxecto de reconducir a actual folga indefinida, iniciada o día 18 de xuño.” Instan, tamén, “aos responsables da Consellería de Sanidade a que demostren con feitos reais esa vontade negociadora, da que non dubidamos, pero que se debe materializar na comunicación dun texto concreto e cunha data certa da convocatoria da mesa de negociación, para que a outra parte poida deixar sen efecto a folga que manteñen convocada.”
 
Sinalan, finalmente, que “é por tanto vontade do colectivo dos Inspectores Farmacéuticos resolver este conflito por medio do diálogo e desde o respecto as partes negociadoras, e como primeiro xesto acordan desconvocar tódolos actos de protesta e reivindicacións previstos, desde hoxe mesmo, así como suspender a folga mentres dure o proceso de negociación.”
 

 

 

 

 

 

 

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript